Estes últimos días hai xa menos actividade na biblioteca, por iso ando moito polo bosque, que estou moito máis fresquiña alí e, ademáis hai moita máis xente. Miau!
Pero hoxe veu Carolina. Non me viu; eu estaba no meu agocho de sempre (que é tan bo que nunca me ven) e pasei desapercibida. Mais eu si que a vin a ela, e ás profes coas que estaba.
Veu recoller o premio en metálico do escape-room do Camiño.
De novo: En hora boa, Carolina! Miau!
Ningún comentario:
Publicar un comentario