Querémoste!

Ola a tod@s!!
Este mes de febreiro que remata, todas as aulas  recibiron a unha gran lectora: a profe Maribel!
Canto leva leído para tod@s dende que chegou ao cole! 
Cantas horiñas pasou co rato e comigo na súa (nosa, vosa) queridísima biblioteca...
Si, as profes tamén contan.
QUERÉMOSTE!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día da Paz

Ola a tod@s!!
   O Día da Paz tivemos moitas actividades.
   Recibimos a visita de Seco, que nos aprendeu moitas cousas sobre a nosa historia. 
 Grazas, Seco! Estamos desexando que chegue o día da andaina polo río Belelle!!!
Tamén, como cada ano, fixemos un gran mural cos traballos de tod@s. 

 E inauguramos o recanto da paz!!! Este novo espazo é un pequeno lugar que nos vai axudar a resolver conflitos sinxelos, enfados, malentendidos... e contribuirá, así, a mellorar un pouquichiño máis (de por si, boa) a convivencia.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes