Amosando publicacións coa etiqueta radio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta radio. Amosar todas as publicacións

Día Mundial da Radio

Ola a tod@s!!
   Hoxe, 13 de febreiro, é o Día Mundial da Radio, data na que é importante reivindicar a radio como o que é: unha potente ferramenta pedagóxica para que a rapazada desenvolva a súa competencia oral e comunicativa.
   Nesta data tan especial queremos facer mención á nosa participación no programa en directo que Radio Fene emitiu dende a escola de Limodre.  Este programa forma parte do proxecto Onda ODS no que participan, entre outras, as emisoras locais galegas co obxectivo de dar a coñecer e concienciar á cidadanía sobre os retos da Axenda 2030.
    Aí estivo o alumnado do CEIPP Os Casais ao completo, comentando algunhas das actividades que fan e están relacionadas cos ODS e falando da relevancia que teñen as pequenas accións que cada un de nós fai ou deixa de facer.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Letras Galegas 2023

Ola a tod@s!!
   Por fin! Había no cole moitas ganas de que o Día das Letras Galegas volvera a ser o noso "día grande". E, finalmente, así foi: neste 2023 recuperamos a nosa pequena foliada no bosque.
   Había nervios (que o Rato e mais eu ben que nos decatamos) porque, unha vez que se perden as rutinas parece que un non sabe por onde anda, e as profes tiñan un pouco de medo de non ter todo preparado cando chegase o día. Pero non, foi unha xornada estupenda: unha xornada de convivencia coas familias, de alegría, de música, de cultura, de homenaxe aos nosos autores e autoras, con Francisco Fernández del Riego de homenaxeado principal, claro!..
   Todo a alumnado bailou a nova canción das Tanxugueiras (Aire) e o alumnado de 6º representeou a obra de Eva Mejuto "As cousas de don Paco" en formato radiofónico. Estivo xenial! 
   Un gran día!
Grazas, familias!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes