Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

IV Foliadiña pequeniña

Ola a tod@s!!
   Como ven sendo habitual e, polo tanto, temos convertido xa nun "clásico" da nosa biblioteca, celebramos o Día das Letras Galegas cunha foliadiña.
Non foi fácil desta vez... houbo moito que improvisar a última hora...
Miau!
Quedou descartado o bosque (é que non para de chover!!!), pero, finalmente, todo foi moi ben. (Ou case que ben...)
Díxome o Rato que, igual, despois desta, pode que as celebremos máis veces aquí.
Sempre é un día moi especial. Acompañáronnos: 
Anduriña
Ferreñas do Ar
Airiños de Fene

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

As lendas

Ola a tod@s!!
   O alumnado de 5º e 6º quixo estrear para todos os compañeiros e compañeiras o gran traballo que fixeron sobre as lendas galegas. Realizaron un video cunha representación teatral de autoría propia coa que gozamos moitísimo.
En hora boa, rapazada! Un traballo excelente!
Bravo, profe Diego!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

AELG

Ola a tod@s!!
   A rapazada de 4º/5º e 6º realizou un obradoiro sobre Begoña Caamaño da man da Asociación de Escritores e e Escritoras en Lingua Galega. Consistiu nun traballo sobre escrita epistolar que segue as pegadas de Begoña Caamaño e mistura a realidade e a ficción, axudando á rapazada a poñerse no lugar do outro para buscar puntos de entendemento.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Teatro

Ola a tod@s!!
   O mércores, 13 de maio, tivemos unha representación teatral de Trémola Teatro, sobre Begoña Caamaño, homenaxeada nas Letras Galegas deste 2026.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Letras Galegas

Ola a tod@s!!
   Comezamos a semana das Letras, na que as actividades sobre Begoña Caamaño van estar presentes de maneira intensiva. Pedro colocou os fermosísimos carteis informativos (canto me gustan este ano! Miau!) ao ladiño do hórreo. Por alí iremos pasando todos para coñecer mellor a autora homenaxeada este 2026.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Novidades

Ola a tod@s!!
   Están chegando á nosa biblio novos fondos relacionados coas cantareiras. Miau!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Letras Galegas 2023

Ola a tod@s!!
   Por fin! Había no cole moitas ganas de que o Día das Letras Galegas volvera a ser o noso "día grande". E, finalmente, así foi: neste 2023 recuperamos a nosa pequena foliada no bosque.
   Había nervios (que o Rato e mais eu ben que nos decatamos) porque, unha vez que se perden as rutinas parece que un non sabe por onde anda, e as profes tiñan un pouco de medo de non ter todo preparado cando chegase o día. Pero non, foi unha xornada estupenda: unha xornada de convivencia coas familias, de alegría, de música, de cultura, de homenaxe aos nosos autores e autoras, con Francisco Fernández del Riego de homenaxeado principal, claro!..
   Todo a alumnado bailou a nova canción das Tanxugueiras (Aire) e o alumnado de 6º representeou a obra de Eva Mejuto "As cousas de don Paco" en formato radiofónico. Estivo xenial! 
   Un gran día!
Grazas, familias!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mar de Muiñeiras

Ola a tod@s!!
Este é o grupo de artistas que representou ao noso cole na actividade Un Mar de Muiñeiras, que foi realizada no asteleiro Navantia para celebrar o Día das Letras Galegas.
Parabéns! Estamos tod@s moi orgullos@s do ben que o fixestes; xa sabedes que con vós ía un anaquiño do noso corazón.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

RAG

Ola a tod@s!!
   Non sei se todo o mundo veu o diploma que trouxeron @s nos@s nen@s da Real Academia Galega. Non? Pois aquí tedes unha foto.

   Cando estea colocado na biblio quitareille outra mellor.
Estou desexando que o suban para miralo eu todos os días!
Fíxome tanta ilusión que o noso cole recibira este premio!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Premio da RAG

Ola a tod@s!!
   O martes, 24 de outubro, foi un día moi especial. Todas as nenas e nenos dos Casais (eu tamén, pero tan ben agochada que ninguén me viu) acudiron á Real Academia Galega para recoller o premio Primavera das Letras 2017.
   Alí aprenderon en que consiste o traballo de arquivo (algúns ata tiveron ocasión de practicar) e a importancia da RAG.
   Visitaron o museo de Emilia Pardo Bazán e descubriron importantes cousas da súa vida e obra.
   Compartiron a xornada coa escritora Fina Casalderrey, con Víctor Freixanes, presidente da Academia,  con Hâkan Casares, fillo de Carlos Casares, c@s nen@s e profesor@s dos outros coles premiados... e con Braulio.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Vaia sorpresa!!!

Ola a tod@s!!
Estamos de noraboa!

  A Real Academia Galega concedeunos un premio pola celebración do Día das Letras do curso pasado.
   É un recoñecemento que recibimos con orgullo e satisfacción, mais co pleno convencemento de que o auténtico premio foi desfrutar tod@s xunt@s de tan fermosa xornada.
    Lembrades o ben que o pasamos?
    Non?
    Pois volvede ver isto:


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
Son unha gata feliz!
   Este ano o día das Letras dedicámolo a un dos meus autores favoritos, quen, por certo, tiña un gato co que pasei momentos maravillosos nos máis diversos lugares. Si, Samuel, tal era o nome do gato persa de Carlos Casares. Fíxose popular porque apareceu moitas veces na columna periodística "A marxe" que o seu dono escribía.
   Ademáis a celebración do cole foi especial: no exterior, coma unha gran cerimonia (con alfombra vermella e todo), con música en vivo, co bosque cheo de cor, coas familias e as nosas profes-mamás invitadas, cos vosos estupendos traballos expostos, con flores...
Como non ser unha gata feliz!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Berenguela, aventuras e desventuras dunha espiña de toxo

Ola a tod@s!!

O venres 20 de maio a asociación AETNA invitounos a celebrar Os Maios nas instalacións de O Pote. Despois, algúns/as nen@s de 5º e 6º representaron a obra de Manuel María "Berenguela, aventuras e desventuras dunha espiña de toxo". Aquí podedes ver o resultado:






Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Letras Galegas 2016: Manuel María

Ola a tod@s!!

Hoxe fixemos a nosa pequena homenaxe ao autor das Letras Galegas deste ano: Manuel María.

Primeiro vimos o fermoso vídeo que fixeron @s nen@s de Infantil coa axuda da profe María José, recitando algúns dos poemas máis coñecidos do autor.



Despois, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º leron varios fragmentos escollidos da obra de Manuel María.




Pili, a mamá de Antonio e Jaime, tamén colaborou coa celebración recitando unha poesía.



 Para rematar, tod@s recibimos un marcapáxinas conmemorativo do día das Letras Galegas.





Grazas a tod@s!!  


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño






Ola a tod@s!!!


Como xa sabedes, este ano, o Día das Letras Galegas, dedícase a Roberto Vidal Bolaño. Credes que sabedes moito sobre él? Amosádeo xogando con esta actividade lime que nos chega da man de http://aprendoenprimaria.blogspot.com.es/2013/05/letras-galegas-2013.html


Tes dúbidas?? Consulta nestas páxinas:

http://robertovidalbolano.org/es/

http://www.realacademiagalega.org/letras-actual

http://es.wikipedia.org/wiki/Roberto_Vidal_Bola%C3%B1o


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes