Amosando publicacións coa etiqueta día da poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da poesía. Amosar todas as publicacións

Poesía

Ola a tod@s!!
   Marzo é poesía. O noso recital poético resultou todo un éxito. Non hai micro que lle poña medo aos nosos nenos e nenas! Temos un berce de artistas! Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

21 de marzo

Ola a tod@s!!
   O 21 de marzo é sempre un día moi especial: celebramos a entrada da primavera, o Día da Poesía, o Día da Árbore e o Día da Síndrome de Down. 

 



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Adeus, maleta

Ola a tod@s!!
A maleta da poesía está xa no CFR de Ferrol. Pero canto desfrutamos dos seus libros!
Ás nenas e aos nenos de Educación Infantil gustáronlles moitísimo!
Penso que dentro de pouco traerei outra. De que será? 
Adiviñade.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Houbo sorte!

Ola a tod@s!!
Outra clase a que conseguin retratar na Exposición de Poesía! Andei rápida! Sempre @s vexo e, por suposto, @s escoito (non hai quen durma cando andan por aquí), pero non sempre dou quitado unha foto... Desta vez houbo sorte!
Nótase canto lles gustan os libros, verdade?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Exposición de poesía: 5º e 6º

Ola a tod@s!!
Que vos decía? Veu a clase de 5º e 6º a ver os libros que preparamos as miñas axudantas e máis eu e, porque lles mandou a profe, que se non, alí quedaban toda a mañá, de tanto como lles gustaron.
Menos mal que caseque todos poderán levalos para ler na casa cando queiran, porque témolos nós.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Poesía e primavera

Ola a tod@s!!
Rematou marzo, pero quédanos a árbore de Mica chea de flores e poesía para lembrar que estamos na primavera (ainda que o rato se queixe todo o día deque chove máis que en xaneiro).

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mulleres, galegas e poetas

Ola a tod@s!!
   Ben sabedes que este curso as bibliotecas escolares estamos prestando unha atención especial á poesía. Por iso, para celebrar o 8 de marzo, traballamos algunhas das nosas poetas. Tivemos que escoller só 8 entre as moitísimas que, afortunadamente, temos na actualidade. Tocoulle a estas que podedes ver no mural.
Sei que vos gustou moito facer este traballo, porque vos encanta realizar actividades nas que participades tod@s.
Se ata algún curso queixouse de que se lles fixo pouco!!!
Sodes fantástic@s!!!
Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Día da Poesía

Ola a tod@s!!
Non hai cole coma a noso! Vaia sitio máis bonito para recitar!
O rato gordecho andaba correteando pola herba, pero eu escoitei atentamente. Canto me gustou!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Exposición poesía

Ola a tod@s!!
   Chegou o mes de marzo, mes da poesía. Así que, escollín algúns libros para que estean ben a man. Mais podedes rebuscar nos andeis... sabedes que teño outros moitos...
Eu, coma o gato de Fran Alonso, son unha gata poeta!!! 
   Fixen un recanto especial para Gloria Fuertes. Neste ano celébrase o centenario do seu nacemento. Penso que é xa tempo de darlle o recoñecemento que como poeta merece e que, en certa medida, foille negado en vida, pode que  polo feito de escribir (se ben non en galego) fundamentalmente poesía infantil. 
 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día da poesía. Acrósticos.

Ola a tod@s!!

Unha vez máis temos a oportunidade de comprobar que neste cole hai grandes artistas. Se queredes comprobalo vós mesmos, so tendes que dar unha volta polos corredores do CEIP "Os Casais" e ver os nosos acrósticos. Cantos poemas se poden facer a partires dunha soa palabra! "POESÍA"!


Seguro que algún dest@s nen@s chega a ser un grande poeta ou poetisa! (Nota mental: gardar estes poemas para cando a firma dest@s artistas valga millóns...)



Por certo, aquí hai un acróstico que lle vai gustar moito ao noso monstro...




Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

21 de marzo: día da poesía con Fran Alonso

Ola a tod@s!!


Que sorte, que sorte! Non sei se vos falei algunha vez dun amigo que teño nas Rías Baixas, un gato artista que escribe unhas poesías que me poñen os bigotes de punta. Pois resulta que vive na casa dun escritor fantástico, seguro que o coñecedes: Fran Alonso (autor de "O meu gato é un poeta", " A araña e máis eu", "Cidades", "Poetízate" e mooooitos máis).

Pois pensando como podiamos celebrar o día da poesía aquí na biblio acordeime del... E así foi! O venres 21, tivemos a inmensa sorte de que nos viñese visitar Fran Alonso, que nos fixo rir un montón cos seus poemas e nos fixo entender que a poesía non está só nos libros, está en todas partes, e en tódolos momentos das nosas vidas: incluso no patio do cole!





Non temos máis que verbas de agradecemento para Fran, foi un pracer telo connosco e aprender da súa sabedoría e creatividade. Moitíiiiiiiiiisimas grazas!!!


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes