Radio Mica

Ola a tod@s!!
Está xa colocado o vinilo identificativo na cabina da radio.
Quedou ben chulo!
O Rato Gordecho está desexando que todo se normalice para encher esta nosa nova biblio de nenos e nenas que estean, tod@s xuntos, a facer cousas diferentes.
   Quere grupos que xoguen mentres outros están nos ordenadores investigando para os proxectos, equipos que consulten libros, nenas e nenos que utilicen os Lego, e os robots, e a tablet xigante... Todo ao mesmo tempo.
   Eu tamén quero. 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mochilas

Ola a tod@s!!
 
 As mochilas seguen o seu camiño. Pasan a corentena preceptiva e volven a saír.

 As miñas lectoras e lectores non se amilanan nin nos tempos máis difíciles.

  Que orgullosa me sinto de todas as nenas e nenos de Os Casais e das súas familias.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Xacobeo 2021

Ola a tod@s!!
   
   Como acaba de empezar o Xacobeo 2021, buscamos imaxes de peregrinos do Camiño de Santiago.
   A pé, a cabalo, en bicicleta... son moitísimas as persoas que andan kilómetros e kilómetros para chegar a Compostela. 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

BENVID@S!

Ola a tod@s!!
  Por fin conseguimos chegar á reapertura da nosa biblio!
Estaba funcionando, claro que si; mais non podiamos visitala. A partires de hoxe, acabouse! Iniciamos unha nova etapa.
Neste curso non vai ser sinxelo... pero empezamos con bo pé.
Mirade.

   Aquí tedes a unha orgullosa Lara, recollendo o diploma e o pequeno agasallo de recordo para a súa irmá Emma.
   O rato e mais eu quedamos un pouco tristes porque nin poidera ser o curso pasado nin fose posible invitar á propia Emma este ano para vir recollelo persoalmente.  Pero quedamos coa satisfacción de que ten unha delegada magnífica, que estivo encantada de recibir o premio no seu nome.

   Este pequeno acto, no que estivo presente a directora do centro, serviu tamén como "reinauguración" da biblioteca escolar despois das obras de ampliación realizadas polo Concello.


Vedes que chapas máis chulas levaron tod@s como recordo de tan importante acontecemento?
A nosa radio ten logo! Damos un premio! E...

ABRIMOS!!!

 Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes