Ola a tod@s!!
Que alegría enorme! Premio moi, moi merecido!


Chegou a noticia un pouco tarde de máis (a min teríame gustado que a rapazada non estivese xa de vacacións), pero benvida sexa! E tanto!
Ata o Rato anda dando brincos!
Grazas Anxos, Aurora, Breixo, Lola, Lúa, Maré, Mariña, María, Martín e Miriam!
Nós sabiamos de sobra que o voso compromiso coa biblio é de 10, non sei vós...
vedes como si?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

No verán, lectura!

Ola a tod@s!!
   As vacacións son un tempo apropiado para gozar da lectura de vagar.


                                
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Peter Punk

Ola a tod@s!!
   Festa!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Proxecto O noso patio soñado

Ola a tod@s!!
   Sabiamos que estabamos a facer, todos xuntos, un proxecto magnífico (grazas familias, moitísimas grazas Marta!), pero non contabamos con que tería recompensa. Que alegría! O esforzo compartido ten a súa recompensa. 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Eu leo porque...

Ola a tod@s!!
   Encántame que fagan isto, pero, no fondo, canta peniña me da. É unha alegría grande ver canto medraron, por fóra e por dentro, pero quedamos sen eles, sen elas, e ímolos botar en falta. Moito! Dígocho eu!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Nuria Vil na nosa biblio

Ola a tod@s!!
   A piques de rematar o curso, a nosa biblioteca recibiu a mesmísima Nuria Vil (ao Rato gústalle moitísimo), quen ofreceu aos nenos e nenas do 4º/5º e 6º un obradoiro de poesía tan bo, do que tanto gozaron e no que tanto traballaron, aprenderon e se divertiron que tocou o timbre e alí non se moveu ninguén. Con razón rosmaba o Rato Gordecho: "porque temos autobús e non queda outra que marchar, senón durmen aquí..." Eu, coma sempre, díxenlle: "Pero non é  estupendo que pasen estas cousas...? Coido que si. É ou non é?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ficción Dixital

Ola a tod@s!!
   Este curso, os obradoiros de Ficción Dixital remataron cunha actividade que á rapazada de 5º e 6º gustoulles moito, moitísimo: un encontro co alumnado do CEIP de Pazos, co que o noso centro comparte proxecto baixo a mentorización de Lucas Ramada. Encantoulles! Compartir experiencias é marabilloso! Miau!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Os mariscos da nosa ría

Ola a tod@s!!
   Ben interesante todo isto que nos contaron! Igual non era mala idea afondar un pouco máis neste tema... Hai que darlle unha volta, non credes? 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Club de lectura

Ola a tod@s!!
   Por razóns de axenda, Abril Camino non puido visitar o noso Club de Lectura de persoas adultas ata esta data tan tardía. Non era a mellor para nós, pero non por iso deixamos de gozar do tempo que compartimos con ela, das súas experiencias literarias e editoriais, das diferentes reflexións sobre a súa obra, e sobre a necesaria normalización da diversidade.
Un pracer tela con nós!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes