Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

Recomendacións de lectura

Ola a tod@s!!
  Para esas cartas que levan unha dirección máxica...

                                                                    Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Cine

Ola a tod@s!!
   Este curso argallamos unha nova actividade para despedir o trimestre: unha sesión de cine, a séptima arte. Un achegamento á gran pantalla é unha experiencia cultural que a cativada non debe perder: estimula a imaxinación e a creatividade ao tempo que favorece a aprendizaxe, tanto emocional como social.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

No Nadal, adopta un libro

Ola a tod@s!!
   Como ven sendo tradicional, para estas vacacións que temos ás portas, daremos un libro en adopción. É un lote deses libros perdidos que esperan unha última oportunidade. Pode que algúns consigan atopar lectores e lectoras que os queiran e  os traten co cariño que eles esperan. 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Trubincos

Ola a tod@s!!
   Chega o Nadal e xa andan por aquí os Trubincos, eses trasnos que brincan por aquí e acolá mareándonos cada día. Si, si; este curso, para facerlle compaña ao Apalpador, chegaron Sefita e Severino. Para que imos querer elfos americanos, se temos trasnos de noso? E, por riba, saíronnos ben bos; disque fan falcatruadas pola noite, pero estes de Os Casais, ao máis que chegan e a andarse cambiando de sitio cada día. Sonche un amor! Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Compartindomomentos

Ola a tod@s!!
   Poucas experiencias son tan gratificantes para as nenas e nenos que forman parte do voluntariado de biblioteca como esta que chamamos Compartindomentos: as visitas que facemos á Residencia de Maiores do veciño Concello de Cabanas.
 Nesta ocasión, dada á altura do ano na que estamos, non compartimos lectura, senón un obradoiro de elementos decorativos de Nadal. 
 A incomodidade de ter que retomar as máscaras (a epidemia de gripe campa as súas anchas) non mermou para nada a alegría deste día, tanto para as persoas residentes como para nós. Se ata volvimos cuns agasallos artesanais que realizaron especialmente pensando nas nenas e nenos de Os Casais!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Asotrame

Ola a tod@s!!
   O tempo vai pasando e achéganse esas datas tan especiais coas que rematamos o ano. É momento de lembrar a todas cantas persoas non poden celebralas como lles gustaría. Un pequeno xesto pode levar alegría ás súas vidas. Nós quixemos colaborar con Asotrame no seu proxecto artístico e solidario Luces de colores.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

No Nadal, lectura.

Ola a tod@s!!
   Aquí vos deixo as recomendacións de lectura para estas vacacións. É por se perdedes o papel, que ás veces pasa, e non lembrades cal era o título do libro que queriades poñer na carta. Miau!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

No Nadal adopta un libro

Ola a tod@s!!
 

Aí están xa todos os libros que esperan pola cativada para que lles ofrezan a súa última oportunidade.
Sorte! No Nadal, adopta un libro!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntariado

Ola a tod@s!!
   Na mañá de hoxe unha parte do grupo de voluntariado de biblioteca desprazouse á Residencia de Maiores de Laraxe. Xunto con algunhas persoas usuarias deste centro, realizaron un mural navideño para que forme parte da decoración nestas datas festivas.
Moitas grazas, chic@s! Sodes fantástic@s!
Grazas tamén ás familias, que fixeron esto posible.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Pouco, pouquiño

Ola a tod@s!!
   Si, si... pouco, pouco,pouquiño de todo é o tempo que resta para chegar ás vacacións. Sei que tedes moitas ganas de que cheguen; pero tamén sei que non ides olvidarvos da lectura. Se é que ides ter un montón de tempo para ler! Así que, como tamén estou segura que os estades desexando, deixo aquí algunhas recomendacións para acabar ben este ano e comezar o próximo aínda mellor. 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Adopta un libro

Ola a tod@s!!
   Tamén hoxe, primeiro día lectivo do mes de decembro (aproveitando que a choiva estragou completamente o recreo), iniciamos a adopción de libros.  
   É esta unha actividade que levamos facendo varios anos. 


  Por que non darlles outra oportunidade a aqueles libros expurgados da biblio? Seguro que as persoas que os reciban poñeranse contentas por tan fermoso agasallo de parte dunhas nenas e nenos que están aprendendo a alegría de dar. Non todo vai ser pedir!!!
  E qué mellor que regalar libros! Digo eu, que para algo son unha gata bibliotecaria!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Adopta un libro

Ola a tod@s!!
Podedes ver que se apuntou todo o mundo...
 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

No Nadal...

Ola a tod@s!!
Hoxe empezamos unha nova actividade.
Quen se apunta?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

No Nadal adopta un libro

 Menos mal que o fixeron el@s!!!
O que? Quen? Preguntaredes.
   Pois nin máis nin menos que unha actividade de "adopción" de libros, que pode parecer que non, pero da moito traballo. Hai que seleccionar os libros, colocalos, recibir a tod@s @s nenos e nenas do colexio, escribirlles a dedicatoria no libro escollido, cuñalo, envolvelo... Uf!!!
    Quen pensades que se ocupou de todo isto? 
    @s voluntari@s!
    O rato e máis eu non sabemos como agradecérllelo. Ben, falar, xa falamos co Apalpador a ver se pode ser xeneroso con el@s, porque ben que o merecen. Ou non? 





Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

O Apalpador

Ola a tod@s!!
Pensabades que non ía vir? Pois claro que veu!
Nestas datas sempre recibimos ao noso querido Apalpador, ese máxico carboeiro que reparte castañas e xoguetes de madeira ás nenas e os nenos da nosa terra.






Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Bo Nadal a tod@s!!!

Ola a tod@s!!


Mirade que vídeo máis chulo preparamos @s meus amig@s e máis eu!




Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Recomendacións de Nadal 2014

Ola a tod@s!!


Como que non sabes que pedirlle ao Apalpador??? Aquí tes un montón de ideas:








Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes