Amosando publicacións coa etiqueta somos contacontos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta somos contacontos. Amosar todas as publicacións

Somos contacontos

Ola a tod@s!!
   As nenas e nenos maiores continúan coas súas lecturas en voz alta para Infantil.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Somos contacontos

Ola a tod@s!!
   Hoxe, por primeira vez neste curso, as nenas e nenos de Infantil tiveron uns contacontos moi especiais. Breixo e María viñeron lerlles "Orellas de bolboreta". Gustoulles moitísimo, e iso que coñecen de sobra a historia de Mara! Ao Rato Gordecho e a min estes momentos de lectura compartida parecennos deses que hai que gardar na memoria si ou si. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Acompañamento lector

Ola a tod@s!!
   A rapazada do 3ºciclo continúa lendo para os pequerrechos. Canto gozan grandes e pequenos destes momentos de biblio compartida!
Grazas, Lenda! Grazas, Miriam!
Sodes un exemplo a seguir!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mércores, queridos mércores...

Ola a tod@s!!
   Un día máis, as nenas maiores viñeron á biblio a lerlle un conto ás clases dos pequerrechos. Ninguén quere perderse este momento compartido. Ai..., mércores, queridos mércores... O Rato Gordecho e máis eu gozamos moito de velos xuntos ao redor dunha boa historia.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Somos contacontos

Ola a tod@s!!
   Esta semana tocoulles a quenda de lectura a Hugo e Uxía. Os pequerrechos de Infantil e as nenas e nenos de 1º gozaron coas peripecias do rato de campo e o rato da cidade. Encantoulles!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Somos contacontos

Ola a tod@s!!
   Gústame moitísimo que veñan á biblio grandes e pequenos xuntos. Se por riba é para lerlles aos outros, aínda me gusta máis. Compartir boas lecturas non ten prezo. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Somos contacontos

Ola a tod@s!!
   É bonito ver canto gozan con estes momentos compartidos de lectura. E non vaiades pensar que Gael e Martín foron os primeiros que leron. Que va! O que pasa é o de sempre: a saber onde ten agochadas as fotos o Rato!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O coelliño branco

Ola a tod@s!!
   Aí seguen os nosos contacontos! Desta vez, foron Martiño e Lara os que viñeron ler á biblioteca para as nenas e nenos de Infantil. Moitas grazas!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes