Premio!

Ola a tod@s!!
Que alegría!
Conseguimos o 2ºPremio!
Parabens!



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

OutDoor Day

Ola a tod@s!!
   Como facemos sempre (se a choiva non o impide, que é moitas veces) non perdemos a ocasión de celebrar o OutDoor Classroom Day. Desta vez houbo sorte!
   Eu estou moi contenta, porque houbo quen decidiu xuntar ao club de lectura no bosque. Unha idea magnífica, ou non?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Polos creativos

Ola a tod@s!!
   Se houbera máis tempo, seguro que a rapazada querería facer máis proxectos cos materiais dos Polos Creativos. O Rato non para de dicirme o contentos e concentrados no traballo que os ve e ten razón, porque así mesmiño é.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Despedida

Ola a tod@s!!
   Despedimos a Davia; con pena, porque nestes dous cursos que estivo con nós, fíxose querer moitísimo. Grazas, Davia! Querémoste!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Correlingua

Ola a tod@s!!
Non podiamos faltar!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O lobo feliz

Ola a tod@s!!
   Para os nenos e nenas máis pequenos: Infantil, 2º e 3º, contamos con Miguel Guido e a súa divertida historia do lobo que aprendeu a deixar de estar triste.
Que ben o pasamos!
Déixounos un exemplar do libro, firmado, e agora na clase de Lorena piden que llo leamos unha e outra vez. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

IV Foliadiña pequeniña

Ola a tod@s!!
   Como ven sendo habitual e, polo tanto, temos convertido xa nun "clásico" da nosa biblioteca, celebramos o Día das Letras Galegas cunha foliadiña.
Non foi fácil desta vez... houbo moito que improvisar a última hora...
Miau!
Quedou descartado o bosque (é que non para de chover!!!), pero, finalmente, todo foi moi ben. (Ou case que ben...)
Díxome o Rato que, igual, despois desta, pode que as celebremos máis veces aquí.
Sempre é un día moi especial. Acompañáronnos: 
Anduriña
Ferreñas do Ar
Airiños de Fene

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

As lendas

Ola a tod@s!!
   O alumnado de 5º e 6º quixo estrear para todos os compañeiros e compañeiras o gran traballo que fixeron sobre as lendas galegas. Realizaron un video cunha representación teatral de autoría propia coa que gozamos moitísimo.
En hora boa, rapazada! Un traballo excelente!
Bravo, profe Diego!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

AELG

Ola a tod@s!!
   A rapazada de 4º/5º e 6º realizou un obradoiro sobre Begoña Caamaño da man da Asociación de Escritores e e Escritoras en Lingua Galega. Consistiu nun traballo sobre escrita epistolar que segue as pegadas de Begoña Caamaño e mistura a realidade e a ficción, axudando á rapazada a poñerse no lugar do outro para buscar puntos de entendemento.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Teatro

Ola a tod@s!!
   O mércores, 13 de maio, tivemos unha representación teatral de Trémola Teatro, sobre Begoña Caamaño, homenaxeada nas Letras Galegas deste 2026.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Reto superado!

Ola a tod@s!!
   Un orgullo de rapazada! Un orgullo de familias! Conseguimos superar o reto do Modo Galego deste curso 25-26! E cun montonazo de puntos! Miau!
Estes nenos e nenas non só gañaron as súas pulseiras conmemorativas, senón que ben merecen un bo concerto en galego! Non si? Haberá que ir pensando en algo...

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Carme Romero

Ola a tod@s!!
   Lembrades que no 8-M decidimos poñer o nome da gran ceramista fenesa Carme Romero á aula de plástica? Pois que saibades que este martes visitou a nosa biblio e foi entrevistada por varias nenas do 3ºCiclo na Radio Mica. Dounos unha gran alegría! Sempre é un pracer recibila neste cole no que tanto a queremos. Canto ten colaborado con nós! 




Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Xogo didáctico

Ola a tod@s!!
   Onte pola tarde, a nosa biblioteca encheuse de xogo en familia. Os xogos didácticos do Muíño do Fabal estiveron expostos no Espazo Fedelleiro e nenos, nenas e maiores puideron compartir unha xornada lúdica e divertida.
Moitas grazas, Lucía!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Letras Galegas

Ola a tod@s!!
   Comezamos a semana das Letras, na que as actividades sobre Begoña Caamaño van estar presentes de maneira intensiva. Pedro colocou os fermosísimos carteis informativos (canto me gustan este ano! Miau!) ao ladiño do hórreo. Por alí iremos pasando todos para coñecer mellor a autora homenaxeada este 2026.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Somos rural

Ola a tod@s!!
    Aquí tedes o enlace para poder escoitar a entrevista sobre o Proxecto Muíños.
Agradecemos a Radio Fene o interese polo noso traballo e o feito de servir de altofalante para difundir a importancia da valoración e conservación do patrimonio.
Para todas as persoas participantes, alumnado, familias , profesorado e outras persoas colaboradoras (as nosas queridas artistas, miau!): parabens por desenvolver todas xuntas un proxecto tan fermoso!

Modo Galego

Ola a tod@s!!
   Imos avanzando, pasiño a pasiño, no Modo Galego. Actívao! Levamos percorridas xa as dúas terceiras partes de todo o traxecto. Miau! Un ano máis, estamos a piques de completar o reto! Miau, miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Xornadas Clubs de Lectura

Ola a tod@s!!
   O día 29 celebráronse en Santiago de Compostela as Xornadas dos Clubs de Lectura. Alí estivo o profe Jesús, quen probablemente recolleu boas ideas para incorporar aos nosos propios clubs.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntariado

Ola a tod@s!!
   O mércores 22, o grupo de voluntariado de biblioteca desprazouse ata a Residencia de Laraxe para agasallar ás persoas usuarias da mesma cunha representación do conto Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto. Momentos como os que  pasamos alí, tanto os maiores como os pequenos, son dun valor incalculable. 
Bravo, rapazada! Sodes incríbeis!Miau!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Primavera

Ola a tod@s!!
   Grazas, familias, por colaborar para que a nosa Rede das Estacións quedase así de preciosa vestida de primavera.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Troco de libros

Ola a tod@s!!
   Este curso, con ocasión do Día do Libro, organizamos unha actividade nova. Resultou un pouco máis caótica do que debería; era a primeira vez, e a inexperiencia, xa se sabe... Hai que aprender dos erros. Pero, pese a todo, resultou un éxito rotundo. De seguro que o próximo ano, todo irá un pouco máis rodado. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Obradoiro de booktrailers

Ola a tod@s!!
   O grupo de 4º de Primaria asistiu, (grazas ao programa Bbiblioteca Creativa) a un obradoiro de BookTrailers, que impartiu Jesús Silva Vilas (de GINGKO). Practicaron a gravación destes pequenos videos de promoción de libros, aprendendo estratexias para captar a atención dos posibles futuros lectores e fomentar o seu interese nas diferentes historias.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes