Amosando publicacións coa etiqueta hora de ler. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta hora de ler. Amosar todas as publicacións

Profe Lorena

Ola a tod@s!!
   A estas alturas do curso é a profe Lorena quen anda lendo por todas as aulas. Si, si, que os profes e as profes din sempre: "Nós tamén contamos". Eu nunca acabo de saber se falan de que contan historias dos libros ou que elas e máis eles tamén importan. Ou serán as dúas cousas? Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Somos contacontos

Ola a tod@s!!
   Hoxe, por primeira vez neste curso, as nenas e nenos de Infantil tiveron uns contacontos moi especiais. Breixo e María viñeron lerlles "Orellas de bolboreta". Gustoulles moitísimo, e iso que coñecen de sobra a historia de Mara! Ao Rato Gordecho e a min estes momentos de lectura compartida parecennos deses que hai que gardar na memoria si ou si. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

A casa da Mosca Chosca

Ola a tod@s!!
   Onte, 23 de abril, Día do Libro, os nenos e nenas que forman parte do Voluntariado de Biblioteca, representaron para nós o conto A casa da Mosca Chosca. Fixérono xenial e gustounos moito. Di o Rato Gordecho que a próxima semana, cando vaian á Residencia de Maiores, van ter un éxito rotundo. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Marabilloso!

Ola a tod@s!!
   É moi gratificante contar con tantas familias lectoras, que ofrecen voluntariamente o seu tempo para vir lerlles un conto aos nenos e ás nenas. Somos un cole moi afortunado. Grazas, familias!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Papá lector

Ola a tod@s!!
  Que mellor que ler fóra cando chega o mes de abril!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Kamishibai

Ola a tod@s!!
Que ben o pasaron @s pequerrech@s co kamishibai!
Grazas, profe Miguel!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Aloia, Nuria e Nahia

Ola a tod@s!!
   Que ben o pasaron hoxe as nenas e nenos de Infantil na Hora de Ler! Aloia axudou a súa mamá a contar un conto superchulo, Nahia deixouse aloumiñar canto quixeron e, para rematar, fixeron un colorido experimento! Xenial!
Moitas grazas, Nuria!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Nais que len

Ola a tod@s!!
   Ás veces, cando as mamás veñen ler, hai tanta actividade na biblioteca que teñen que quedar nas aulas. Tanto ten! Á mamá de Xenxa pasoulle isto, mais... a clase de Infantil é un lugar estupendo para ler, non si?
Moitas grazas por vir! 
Que orgullo de familias!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Acompañamento lector

Ola a tod@s!!
   A rapazada do 3ºciclo continúa lendo para os pequerrechos. Canto gozan grandes e pequenos destes momentos de biblio compartida!
Grazas, Lenda! Grazas, Miriam!
Sodes un exemplo a seguir!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Familias que len, nenos e nenas que len.

Ola a tod@s!!
   Sempre é unha alegría recibir na nosa biblio nais que veñen ler. Os nenos e nenas gozan moitísimo destes momentos compartidos. Grazas, Verónica!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura, lectura e lectura.

Ola a tod@s!!
   Esta semana a profe Dely foi ler á clase de 4º de Primaria. Estas Horas de Ler diferentes gústanlles moito a todos os nenos e nenas, sen diferenzas de curso. Igual ten que sexan grandes ou pequenos; sempre reciben con agrado ao mestre ou mestra que chega de sorpresa. 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mércores, queridos mércores...

Ola a tod@s!!
   Un día máis, as nenas maiores viñeron á biblio a lerlle un conto ás clases dos pequerrechos. Ninguén quere perderse este momento compartido. Ai..., mércores, queridos mércores... O Rato Gordecho e máis eu gozamos moito de velos xuntos ao redor dunha boa historia.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Libros e lectura

Ola a tod@s!!
   Seguimos dándolle un vistazo preliminar aos novos fondos. Parece que os acollen ben! Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Somos contacontos

Ola a tod@s!!
   Gústame moitísimo que veñan á biblio grandes e pequenos xuntos. Se por riba é para lerlles aos outros, aínda me gusta máis. Compartir boas lecturas non ten prezo. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Novidades

Ola a tod@s!!
   Os novos libros que, dentro de nada, van pasar aos andeis da biblio para que os poidan levar a casa, están expostos na entrada do cole. E, mentres non van para arriba, as nenas, os nenos, o Rato e máis eu, gozamos deles. Andamos folleando para ver cal nos interesa, cal é divertido, cal deles mete medo... Seguro que nos máis deles imos atopar historias que quereremos ler. E máis dunha vez!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura e familias

Ola a tod@s!!
   É unha marabilla poder contar con estas mamás tan dispostas a vir a ler para a rapazada durante todo o curso. Recíbenas sempre con moita ilusión. Aínda que onte os folgos eran escasos, porque tanta calor repentina tíñanos a tod@s esgotad@s. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Sopa verde

Ola a tod@s!!
   As voluntarias de biblioteca fixeron unha lectura teatralizada do conto de Ángela Madeira: Sopa verde, para todo o alumnado do cole. Foi unha Hora de Ler diferente e moi chula. Que ben o fixeron! Canto gustou!

Grazas, nenas! Sodes fantásticas!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lendo, lendo...

Ola a tod@s!!
   Seguimos. Lendo ata o último día. Neste cole le todo o mundo e a todas horas: nenos, nenas, profes, familias, ratos e gatas (Miau!)

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O coelliño branco

Ola a tod@s!!
   Aí seguen os nosos contacontos! Desta vez, foron Martiño e Lara os que viñeron ler á biblioteca para as nenas e nenos de Infantil. Moitas grazas!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

TEI

Ola a tod@s!!
   Non falaramos nunca de que, por fin, neste curso puidemos recuperar o TEI. Lembrades o que é? Si, a titoría entre iguais. Pois que saibades que unha das actividades que fixeron foi un apadriñamento lector. E aí estiveron e están, facendo lecturas compartidas os martes.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes