Amosando publicacións coa etiqueta amor.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta amor.. Amosar todas as publicacións

Candeloria

Ola a tod@s!!
Andando o tempo chegou, por fin, a Candeloria; ese tempo no que "casan" os paxaros e revive a Natureza. Tempo no que cantar ao amor, aos amores;son tantos os que temos! Ou non?
Eu si, dende logo. Son unha namorada dos libros, mais tamén das artes, do mar, do universo enteiro, da xente, dos pobos... e das árbores.
E a vós? Gustanvos as árbores?
 Parece que si, eh?
E vexo que desfrutastes cos libros de amor que vos deixei separados...
 
  Non podía deixar pasar esta data sen facer unha selección de libros de amor... 
   É importante aprender que, ás veces, temos unha idea moi equivocada do que o amor é. 
   Coma sempre, todo, todo, está nos libros.


 
 
 
 
 
 
    
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Candeloria, candeloria...

Ola a tod@s!!

Con tanta chuvia e tanta treboada os paxariños non saíron a aloumiñarse no xardín e claro, case esquecemos a Candeloria! 

Pero non hai problema, a chuvia e as nubes sempre pasan e co sol todo semella distinto.

Para festexalo, quero propoñervos que vos rañedes un pouquiño a cabeza e inventedes historias fermosas pero curtiñas, e dicir: microrrelatos. Non só iso, ademais de falar de amor e cariño terán que ser historias relacionadas co tema do Universo. Recordade que temos que conseguir que o Monstro nos devolva estrelas!

Pero non son deberes só para @s nen@s, diso nada!: papás, mamás, avós, avoas, prim@s e ti@s: a pensar tamén!!

@s que aínda non teñan moita idea de escribir, mandádenos un debuxiño feito con moito amor, despois podédesnos contar de que vai o conto coas vosas palabras.

No apartado "Cartas de Mica", tedes dispoñibles: a miña última carta, as instrucións para facer os microrrelatos e uns debuxos e plantillas chulísimas para escribir os vosos microrrelatos.

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Namoriscados da Cadeloria

Ola a tod@s!


Non escoitades aos paxariñ@s cantar? Están tod@s coas súas mellores galas e plumas, piando versiños amorosos. 

E vós? Seguro que vos lanzades miradiñas polos corredores do cole, e vos tirades unha hora diante do espello colocando eses pelos que non queren ir para o seu sitio...pensando n@ compañeir@ que vos ten toliñ@s...

Por que? Pois claro! O dous de febreiro celebramos a Candeloria, e o amor flota por todo o cole, incluso na biblio!! Eu creo que o rato se está a namoriscar dunha ratiña que ven comer ao patio...


Para festexar a Candeloria, temos que demostrar que nesta biblio temos amor para dar e regalar!! Amor e cariño para @s moz@s, mamás, papás, avós, avoas, irmáns, irmás, amig@s... para todos!! E como facemos iso? Moi doado, botade unha ollada á carta que aquí vos deixo e poñédevos mans á obra.




Queres saber máis da Candeloria? Pásate por estas páxinas e cóntanos o que aprendiches.



Miañadiñas e ronroneos

Mica Bigotes