Exposición fotografías

Ola a tod@s!!
   Xa están expostas todas as fotos recibidas no proxecto da arquitectura indiana. Mañá realizaremos as votacións para escoller cal serán as 10 que presentaremos ao concurso.
   Sorte a tod@s! Bo traballo!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

As que saben, saben

Ola a tod@s!!
    Pensades que hai algo que nos guste máis que recibir mamás e papás, des@s que veñen ler, contarnos cousas, aprendernos daquelo que saben? Pensabades que non? Pois que saibades que ainda nos gusta máis que veñan avós e avoas!!! Saben tanto!!!
   O luns estivo Dulce na biblio coa clase de Educación Infantil. Dulce é apicultora. Tamén é a avoa de Navia e Osián. E de abellas sabe... sabe todo e un pouco máis. Trouxo libros para ensinarnos, gravou un vídeo das súas colmeas e, por riba, tróuxonos mel!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
   Verdade que nunca puxera unha foto do segundo grupo de voluntariado de biblioteca? Pois nin imaxinades canto axudan!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mamás lectoras

Ola a tod@s!!
   O venres, na hora de ler, escoitamos un conto con aventuras fantásticas. Leron Mateo Montero, de 1º de Primaria, e a súa mamá. Gústanos moitísimo que veñan as familias a lernos contos; sempre é unha sorpresa ver quen se atopa na biblioteca esperando por nós!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Abellas

Ola a tod@s!!
   Hoxe visitou a nosa biblioteca a mamá de Teo Antón. Como as nenas e os nenos de Educación Infantil están facendo un proxecto sobre as abellas e ela diso sabe moito, deunos a todos unha charla sobre o perxudiciais que para estes importantes insectos son os pesticidas.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Divina Arnoso

Ola a tod@s!!
   Hoxe tivemos o pracer de contar coa presenza de Divina Arnoso para explicarnos o pasado de Fene, as pegadas da emigración a Cuba e, máis polo miúdo, a arquitectura indiana. Resultounos moi interesante e axudounos a comprender mellor todo o relacionado co proxecto que estamos realizando en colaboración coa ANPA e as familias.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día Mundial da Síndrome de Down

Ola a tod@s!!
   Un ano máis sumámonos a campaña de Down Galicia para reivindicar que estas persoas non sexan observadas como seres inferiores y destacar de maneira especial a importancia da súa inserción laboral.
            
    
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntariado

Ola a tod@s!!
   Os nosos contacontos pensan continuar ata fin de curso. Gústalles tanto a tod@s que non queren deixar de ler. (Miau!).
Moitas grazas, chic@s! Sodes fantástic@s!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Votación

Ola a tod@s!!
   Hoxe fixemos a votación para escoller a muller que ía ser homenaxeada neste curso 2023 coa dedicación dunha das nosas aulas. Tiñamos cinco candidatas, todas elas con grandes méritos, en diferentes ámbitos, e, polo tanto, merecedoras de tal recoñecemento. Mais, non puidemos elixir unha soa! Empate! Así que, dende xa, o noso ximnasio levará o nome de Desirée Vila (Miau!) e a aula de música será Luz Casal (Miau!). 


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Semana da Prensa

Ola a tod@s!!
   A pasada semana (6-10 de marzo) conmemoramos a Semana da Prensa. Son uns días para achegarnos máis de preto a este medio e traballalo de maneira especial nas aulas. O Rato e máis montamos esta pequena exposición para incentivar o préstamo de periódicos e revistas.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Tempo compartido

Ola a tod@s!!
   Estes momentos de relax que pasamos o Rato e máis eu cando están as nenas e os nenos na biblio gozando do seu tempo e compartindo xogos e lectura non teñen prezo. Miau!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Obradoiro de poesía

Ola a tod@s!!
   Que tarde tan fermosa vivimos hoxe na nosa biblioteca! Fixemos, cooperativamente, un poema colectivo, nada menos que da man de Yolanda Castaño. Que pracer tela con nós! Grandes e pequenos sentimos como voou o tempo entre versos.
   Grazas, Yolanda, por compartir a túa arte, pola túa simpatía e agarimo. 

Grazas, profe Ari

Ola a tod@s!!
   Nenas e nenos que len para outros nenos e nenas, mamás que veñen ler, profes que len en todas as aulas... E o Rato e máis eu mirando contentos dende o noso burato. (Miau!).

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Novidades de marzo

Ola a tod@s!!
Como lles présta estrear libros! 
Novas aventuras, personaxes descoñecidos, historias por imaxinar, ilustracións que levan a un mundo de fantasía... tanto por aprender...!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O exemplo

Ola a tod@s!!
   Nen@s lendo a outros nen@s, isto é o que vemos nesta imaxe. Esta é a nosa exitosa actividade Somos contacontos. Gústalles aos maiores e gústalles aos pequenos. Pasan un anaco de tempo xuntos, un tempo de lectura, e aprenden co exemplo. Que máis se pode pedir?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Primeir@s lector@s

Ola a tod@s!!
   Curso tras curso vivo un momento especial. E non falla! É ese momento máxico no que @s primeir@s lector@s, cando teñen dous minutos perdidos, nos que teñen que esperar por algo, se teñen libros á man, póñense a ler de maneira espontánea, e non reparan en nada do que hai en derredor. Nin caeron na conta de que eu estaba aí! E da foto menos! (Miau!).

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

M-Block

Ola a tod@s!!
   Os nenos e as nenas do 2ºCiclo teñen tamén os seus obradoiros de robótica. Ou pensabades que non? Teñen, teñen. E ademáis esta clase anda xa por un nivel un pouco máis avanzado. (Miau!).


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Contos solidarios

Ola a tod@s!!
   Hoxe tivemos unha hora moi divertida. Recibimos ao noso gran amigo Anxo Moure. Como moi ben di el a nosa relación é xa de longos anos, dende aqueles tempos nos que nos visitaba o seu bisavó o Apalpador (miau!). Fainos chegar montes e moreas de cariño, para nós, para os montes, para as árbores, para eses nenos e nenas refuxiados que o están a pasar mal... A súa "pazdeireta" é música de esperanza.
       Nós somos quen de cambiar o mundo. Grazas, Moure, por non cansar nunca de recordárnolo.

Escornabots

Ola a tod@s!!
   Hoxe tocoulle a 2º dar inicio aos seus obradoiros de robótica. 
   Esta biblioteca creativa mola, vai que si?


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura e familias

Ola a tod@s!!
   Hoxe, 1 de marzo, abriuse o período de inscrición para o primeiro dos obradoiros do programa Lectura e Familias. Contamos con tres ponentes de excepción, tres autoras galegas, tres mulleres, que visitarán o noso centro grazas a este proxecto das Bibliotecas Escolares de Galicia.
   Podedes apuntarvos no formulario do código qr que aparece no cartel.

Contamos con vós!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes