Ola a tod@s!! Pensades que hai algo que nos guste máis que recibir mamás e papás, des@s que veñen ler, contarnos cousas, aprendernos daquelo que saben? Pensabades que non? Pois que saibades que ainda nos gusta máis que veñan avós e avoas!!! Saben tanto!!!
O luns estivo Dulce na biblio coa clase de Educación Infantil. Dulce é apicultora. Tamén é a avoa de Navia e Osián. E de abellas sabe... sabe todo e un pouco máis. Trouxo libros para ensinarnos, gravou un vídeo das súas colmeas e, por riba, tróuxonos mel!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario