31 de marzo


    Alá vai marzo! Hoxe toca ocuparse de tareas domésticas. Ainda que vai un frío que pela e ando ben abrigadiña, vou recoller a roupa de inverno. Chegou a hora de darlle a volta ao armario. Hai que ter a casa ben organizada e non podemos agardar a que nolo fagan todo. Diso nada. O traballo da casa é competencia de todas aquelas persoas que nela viven.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

30 de marzo


   Este día imos facer xogos e manualidades con palliñas de cores. Non tedes alguhas gardadas na cociña?  
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

29 de marzo


   Onte, á noitiña, fixemos coma Anxos e Inés: xogar ao xadrez. A noite era apacible e desfrutamos moito co xogo. Unhas veces gaña o rato e outras gaño eu. Penso que ningún dos dous chegará nunca a ser un gran xogador, deses que triunfan en campeonatos, pero tanto ten; nós pasámolo ben con cada partida. 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

28 de marzo


    Hoxe pasarei o día cantando e bailando, que para algo é sábado, non? Nin teño que poñer a música; abonda hai nas casas veciñas para tod@s.
 Este tempo está aprendéndonos o importante que é establecer lazos coa xente, o sinxelo que é sentírmonos xuntos con pequenos xestos, a forza que ten a unión para acadar un obxectivo común...
   E que me decides do bosque? Sei de sobra que eu o teño fácil, que non todo o mundo conta cun privilexio como este, que permite que o meu confinamento sexa relaxado e saudable. 
   Se antes queríamos ao noso bosque, despois desta, non quedará outra que valorar a gran importancia que ten poder contar con espazos de contacto coa natureza. Non credes?
   Estou no cole tan ricamente, ben vedes; pero vótovos moito de menos. Moito, moitísimo! 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

27 de marzo


Penso que ninguén crerá que, co conto de tantas cousas que ando a facer, olvideime de ler. Diso nada! Pero se é o que máis me gusta! 
Estes son os libros que leín esta semana. Recoméndovolos. De seguro que desfrutaredes con eles tanto coma min.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

26 de marzo


   Como temos todo tan precioso, adornado cos pompós de la que fixestes para o bosque, vou facer outros poucos. Se cadra, a próxima vez temos abondo para encher de cor todo o corredor. Quen se apunta?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

25 de marzo

A xogar! Quen sabe! Igual algún día chego a ser unha gran arquitecta. Polo de agora, desfruto dos bloques de construción e invento estruturas, fago letras, levanto torres altas como rañaceos... 
O rato gordecho incordia. É o seu.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

24 de marzo


   Hoxe imos facer experimentos. Quen se apunta? Non pensades que é unha boa idea?
      Rato axudoume a preparar as cousas, pero agora non sei onde anda... medo me da!
      Vós, tranquis, que non imos estragar nada, nadiña, no cole e, á volta, poderedes desfrutar nel coma sempre.
BICOS!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

23 de marzo

Ola a tod@s!! Hoxe fago papiroflexia. Quen se anima?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

22 de marzo

Ola a tod@s!!
Hoxe, que é domingo vou dedicar todo o día a xogar coa miña mascota. Os vosos cans, gatos, tartarugas, hamster... estarán encantados se facedes coma min.
De onde quitei esta galiña? Non teño nin idea de onde veu, pero apareceu polo bosque e aquí estamos as dúas tan ricamente, desfrutando do día.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Primavera

   Ola a tod@s!! Xa é primavera! É tempo de ledicia, de mirar fóra de nós e contemplar e desfrutar a marabilla da natureza. Seguramente tod@s tedes un anaquiño nas vosas casas. Polo de agora, eu irei coidando as plantiñas que quedaron nas aulas.
    Non tedes macetas na casa?
  
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día da Poesía 2020


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

21 de marzo

Veña! Tod@s! Fotos, fotos! Coma sempre!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

20 de marzo

Ola a tod@s!!
Hoxe temos bombóns. Eran para o pai do Rato, mais non poidemos levarllos, así que...
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

19 de marzo

E que hoxe é festivo... e o corpo sábeo.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

18 de marzo

Ola a tod@s!!

   Hoxe vou calcetar. É moi divertido e relaxante. O Rato non sabe, pero disque quere aprender. Vai rematar o libro que está lendo e, á tardiña, imos facer os dous xuntos unha bufanda multicolor. Por que non probades?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

17 de marzo

Ola a tod@s!!
   Igual, se vos apetece e tedes oportunidade, queredes ler algún destes libros que a min me gustan tanto.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

16 de marzo

Ola a tod@s!!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

14 de marzo

Ola a tod@s!!
 Como andades? Non me olvido de vós, pero agora teño un tempo extra para facer o que tanto me gusta... Aproveitade e facede o mesmo!
 Por riba, vós tedes a sorte de non contar cun "amiguiño" coma o meu, que non fai máis que trasnadas...
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Rosalía, sempre

Ola a tod@s!!





Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes