Correlingua 2022

Ola a tod@s!!
   Sen movernos do centro, si; pero que ben o pasamos co Correlingua!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Premio!

Ola a tod@s!
   Así de content@s quedaron co pequeno agasallo de agradecemento que recibiron esta mañá. Ben merecido o tiñan! Foron quen de ler para Infantil igualiño que @s de 6º. Se é que son marabillos@s...
    Mañá mesmo, poñerei eses contiños para vós poidades tamén gozar con eles.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Vai quedando pouco.

Ola a tod@s!!
   Paseniñamente imos camiñando ao remate do curso. Vai quedando pouco. De feito, quedan un par de días para pechar o servizo de préstamo.
    Estoume preparando para despedir, un ano máis, a todos os nenos e nenas de Os Casais. Botareinos moito en falta! 


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Contos, contos, contos.

Ola a tod@s!!
   Hoxe traio o conto que Ángela leu para as nenas e os nenos de Infantil: Homiño de Mazapán. A ver se vos gusta tanto como @s pequerrech@s!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Outra gata!

 a tod@s!!
    Hoxe traio unha aventura doutra das miñas amigas. Cóntanola Daniela.

             

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día das Letras Galegas

Ola a tod@s!!
   O venres celebramos o Día das Letras Galegas, este ano dedicadas ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.
     Aquí tedes un resumo de tan fermoso día. Titulámolo O galego mola. Quixemos destacar a nosa cultura, o patrimonio, a historia, o folclore, a paisaxe, a literatura... e, como non, a lingua.


   Tamén escoitamos o programa de radio O faiado de Mica 4, que as nenas e nenos de 6º gravaron. Coma sempre, está dedicado ás mulleres de Fene. Pero, nesta ocasión, era un especial para as Letras Galegas no que entrevistaron ao artista valdeorrés Roi Dominguez, autor da escultura da fachada da Biblioteca Municipal de O Barco de Valdeorras "Florencio Delgado Gurriarán".

 

 
     E realizamos unha videoconferencia! Puidemos ver e falar coas nenas e nenos de Infantil do CEIPP Condesa de Fenosa de O Barco de Valdeorras. Contáronos moitas cousas de Florencio Delgado Gurriarán. Canto saben!!!


Foi un día fantástico!!!

  Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

10 gatiñas

Ola a tod@s!!
   Seguro que aínda non virades a historia que Santi contou. Era aquela das miñas dez amigas, gatas viaxeiras todas elas.
    Na clase de Educación Infantil gustou moito este conto.



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

OutDoor Day

Ola a tod@s!!
   O pasado día 19 celebramos o OutDoor Day desta primavera. O Día da Aula ao aire libre é un movemento global para facer que o tempo vivido no exterior sexa parte da vida de todos os nenos e nenas. Hai dous días de acción cada ano, un na primavera, outro no outono. Nesas datas, as clases dámolas fóra, para facer campaña para pasar máis tempo ao aire libre todos os días.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Nós tamén contamos

Ola a tod@s!!
   Sempre van aparecendo fotos perdidas. O Rato anda con elas e despois non sabe onde as deixa.
   Lembrades? @s profes tamén contan. Todos e en todas as aulas.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Maios 2022

O próximo ano, no Pote!!!

               
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Infancia = xogar

Ola a tod@s!!
   Non podo deixar de comentar a grata sorpresa que levei o outro día no recreo. Gústame moitísimo observar como xogan. Ando por todas partes, ainda que raramente me ven;  algunha vez @s máis pequen@s, @s grandes, nunca. Eu si que @s vexo. E observo. Esta semana pasada sorprendéronme moitísimo. Pero que farán?, dicíame a min mesma. Ata que descubrín que montaron unha auténtica froitería. O produto fresco, fresco e de primeira calidade.
   Deixovos unhas fotos, seguro que vos gustan tanto como a min.
   A infancia é xogar. Se alguén pensaba outra cousa, aquí tedes a proba de que se equivoca.
   Sonche un amor. Ou non?


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

TOUPICIENCIA

Ola a tod@s!!
   Hoxe, 3º, 4º e 5º  asistiron ao espectáculo Toupiciencia, de A xanela do maxín.
Diferentes experimentos (de presión, de mezclas, de absorción de líquidos usando polímeros) foron a base de tan divertida representación.
   Pasámolo en grande. (O Rato segue a intentar producir enerxía gratis invertindo os polos magnéticos. Animaliño...)


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Miau! Miau! Marramañau!

Ola a tod@s!!
   Estou abraiada, estupefacta, marabillada, gratamente sorprendida e tamén emocionada. Moi emocionada. 
   O noso cole, de seu fermoso, seríao un pouco menos sen estas mamás artistas. Artistazas. E solidarias. E voluntarias.
   Cantas alegrías nos levan regalado. Grazas, grazas, moitísimas grazas, chicas!
 
Sodes fantásticas!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

EDUCACIÓN TRANSFORMADORA

Ola a tod@s!!

Os pasados días 4 e 5 a Subdirección Xeral de Cooperación Territorial e Innovación Educativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional celebrou o Seminario Web "A Dimensión Ecosocial para unha Educación Transformadora".

Aí estivo o noso centro, e a nosa biblioteca, da man de Lorena e MªJosé, que, en representación de toda a comunidade educativa, presentaron o noso proxecto Somos quen.


Parabéns a tod@s, alumnado, familias, profes que están e estiveron, asociacións e outras entidades da contorna que con nós colaboran, ONG varias, Concello e Garda Civil, artistas feneses, ANPA Río de Va... e a todas cantas persoas acompañan o noso camiñar escolar cara a un mundo mellor para todos e todas.

(E para Rato Gordecho, tamén, que, ás veces, tamén ten boas ideas)

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

A gran lectura

Ola a tod@s!!
   Por fin temos as fotos da Gran Lectura do Día do Libro deste curso 2022. Queredes velas? Seguro que sí. Aquí están.

                

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes