Un tiranosauro?

Ola a tod@s!!
   Como Nós tamén contamos (din as profes), no mes de xaneiro é Fini quen vai ler polas aulas. Podedes ver o contentos que están  os nenos e nenas de Infantil o día que foi á súa clase. Non sei se foi pola lectura ou polo "amigo" que levou con ela.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Oratoria

Ola a tod@s!!
   As nenas e nenos de 1º e 2º estanse a convertir en auténticos conferenciantes. As prácticas de oratoria dan bos froitos.
Ao que parece que non lle dedicaron moito tempo é á decoración do atril, non credes?
Igual é que lles gusta así...
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Somos contacontos

Ola a tod@s!!
 Emma foi ler á clase de Infantil. 


   Estou moi orgullosa de ter un voluntariado de biblioteca tan participativo, tan solidario e que disfrute tanto da actividade "Somos contacontos". Marramañau!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Libros en inglés

Ola a tod@s!!
   Como lles molan os libros en inglés!
Thank you, teacher!
Very fine, Ainhoa!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Entroido á vista!!!

Ola a tod@s!!
   Xa temos o tema para celebrar o Entroido. Foi elixido democraticamente. Aquí están os nosos nenos e nenas aprendendo democracia, participación e cidadanía. Eles deciden, porque son quen de facelo. 


   Desta vez imos ser os malos, as malvadas dos contos, dos comics, das películas, os bandidos, eses viláns e vilás de tantas e tantas historias sobradamente coñecidas. 
   Aviso: non quero a ninguén de gato ou gata, eh? Que somos unha especie animal bondadosa, amorosa, encantadora... Ou non?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Exposición xaneiro

Ola a tod@s!!
   Este mes temos na nosa biblio a Maleta de inglés da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.
   Irei poñendo fotos en canto os pille por aquí. Ás veces, durmo e nin me entero de cando pasan. Miau!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Cole verde

Ola a tod@s!!
As nenas e nenos de 1º e 2º están implicadísimos no proxecto de redución de plásticos e de coidado do medio ambiente.
Joel trouxo da casa un bonito agasallo que elaborou coa súa familia. Xa o colocaron nun bo lugar.
   Moitas grazas, Joel!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Xa somos 18!

Ola a tod@s!!
 Temos firmados os compromisos de voluntariado que tiñamos adiados. Xa somos 18! Nun cole pequeno coma o noso, supón o 36% do alumnado. Non está nada mal!!!

Moitas grazas pola vosa colaboración!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes