POLOS CREATIVOS

Ola a tod@s!!
   Hoxe, na Cidade da Cultura, en Compostela, tivo lugar a presentación dos Polos Creativos, que serán convocados como oferta para os centros mañá mesmo.
   Alí estivo a coordinadora da biblio, comprobando in situ a cantidade inmensa de talento que está a ser potenciada nos centros escolares dende os espazos maker.
   Non hai máis que ver este breve video para facerse unha idea.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día do Libro

Ola a tod@s!!
   Hoxe celebramos o Día do Libro. As nenas e nenos levaron cadanseu libro. Vai nese paquete, senón o libro en galego marabilloso que ao Rato e a min gustarianos regalarlles,  o noso agarimo e o amor pola lectura que queremos transmitirlles. Vai tamén un anaquiño da nosa (vosa, súa) querida biblioteca, para que a teñan sempre con el@s, ben gardadiña no corazón.



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

23 de abril

Ola a tod@s!!
   Hoxe, 23 de abril, celébrase o Día do Libro. Cadrou en sábado, pero non importa. Os nosos nenos e nenas celébrano durante todo o mes.
   Na aula de Educación Infantil reciben cada día un deses contos que @s voluntari@s de 6º prepararon para el@s.
Canto lles gustan!

 


  Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

22 de abril

DÍA DA TERRA


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Xesto simbólico

Ola a tod@s!!
   Olvidárame!!! Teño a cabeciña nas nubes!!! Igual pensabades que este curso non levamos os calcetíns desemparellados para reivindicar a plena inclusión das persoas que teñen Síndrome de Down. E claro que o fixemos. É un xesto simbólico, sinxelo, pero que nos axuda a lembrar a importancia de defender a igualdade de tod@s.

Somos diferentes, somos iguais.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

STEAM

Ola a tod@s!!
   O luns e máis o venres o grupo de 3º e 4º pasaron a xornada na biblioteca cun obradoiro STEAM de E-Téxtiles, impartido por Paola Guimerans. Ao longo destas dúas sesións de formación aprenderon a construir unha postal pop-up luminosa, a coser un boneco e-téxtil, a programar videoxogos con Scratch e a crear instrumentos musicais coa placa electrónica Makey Makey. Tamén exercitaron as súas destrezas manipulativas como debuxar, recortar e pegar. 


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

ALMIEIRAS

Ola a tod@s!!
   Sabedes que os nenos e  as nenas de Os Casais están preocupad@s polo medio ambiente e tamén que o voluntariado é o del@s. No noso cole somos quen  de realizar accións que contribúan a coidalo. Ainda que parezan cousas pequenas xa sabedes a máxima "moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas" pode cambiar o mundo. Así que, alá foron @s de 5º, andando ata a praia de Almieiras a darlle un bo repaso.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Móvete

Ola a tod@s!!
   Como despedida de trimestre contamos co sempre ben recibido Anxo Moure. Canto levamos gozado con el! Desta vez non puidemos estar tod@s, así que a sorte caeu do lado da clase de Infantil.
    Pasámolo en grande cos seus contos solidarios, da paz e a tolerancia, do respecto a outras culturas, contra a guerra... Mola moito Anxo Moure.


 Esta sesión de contacontos forma parte da programación do noso proxecto Somos quen, que, a súa vez, está integrado no Proxecta de Voluntariado Miúdo Móvete da Xunta de Galicia.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mes da poesía

Ola a tod@s!!
   

Que fermoso foi o mes de marzo, cheo de versos.
A primavera, as flores, o sol... foron os elementos que acompañaron aos poemas escollidos en cada titoría para ter un lugar de honra na entrada da aula.
Neste Mes da Poesía 2022 houbo tamén , no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento,  unha referencia especial no mural da entrada á finada poeta galega Luz Pozo Garza.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Hoxe, Daniel

Ola a tod@s!!
  
     Mirade que atent@s están.
     Encántalles recibir estes contos que as nenas e os nenos maiores len para el@s.
     @s maiores fanno con moitísimo cariño. Botan moito en falta o contacto cos pequerrechos. Gustáballes ir ler á súa clase. Tamén leval@s nos seus equipos de biblioteca e aprenderlles cousas. E mirar por el@s nos recreos. E compartir bosque. E facer apadriñamentos. E...



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lois é contacontos

Ola a tod@s!!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

2 de abril


CHEGOU ABRIL!

Ola a tod@s!!
   Xa temos aquí o mes de abril! O mes no que, se os tempos foran outros, teriamos os nosos ama-padriñamentos lectores dos que tanto gozamos. O día 23 celebraremos o Día do Libro, mais ata daquela a lectura, coma sempre, será a nosa protagonista.
   @s maiores, voluntari@s tod@s, non quixeron perder a oportunidade de ler para os compañeiros e compañeiras que están aínda en Infantil.
   O mesmo día 1, de primeiro, tocoulle a Pedro. Aquí o tedes.



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes