STEAM

Ola a tod@s!!
   O luns e máis o venres o grupo de 3º e 4º pasaron a xornada na biblioteca cun obradoiro STEAM de E-Téxtiles, impartido por Paola Guimerans. Ao longo destas dúas sesións de formación aprenderon a construir unha postal pop-up luminosa, a coser un boneco e-téxtil, a programar videoxogos con Scratch e a crear instrumentos musicais coa placa electrónica Makey Makey. Tamén exercitaron as súas destrezas manipulativas como debuxar, recortar e pegar. 


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario