Móvete

Ola a tod@s!!
   Como despedida de trimestre contamos co sempre ben recibido Anxo Moure. Canto levamos gozado con el! Desta vez non puidemos estar tod@s, así que a sorte caeu do lado da clase de Infantil.
    Pasámolo en grande cos seus contos solidarios, da paz e a tolerancia, do respecto a outras culturas, contra a guerra... Mola moito Anxo Moure.


 Esta sesión de contacontos forma parte da programación do noso proxecto Somos quen, que, a súa vez, está integrado no Proxecta de Voluntariado Miúdo Móvete da Xunta de Galicia.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario