Amosando publicacións coa etiqueta proxectos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxectos. Amosar todas as publicacións

Somos rural

Ola a tod@s!!
    Aquí tedes o enlace para poder escoitar a entrevista sobre o Proxecto Muíños.
Agradecemos a Radio Fene o interese polo noso traballo e o feito de servir de altofalante para difundir a importancia da valoración e conservación do patrimonio.
Para todas as persoas participantes, alumnado, familias , profesorado e outras persoas colaboradoras (as nosas queridas artistas, miau!): parabens por desenvolver todas xuntas un proxecto tan fermoso!

O patio que queremos

Ola a tod@s!!
   En colaboración coas familias, estamos inmersos no proxecto do patio. Na biblioteca contamos cunha palestra a cargo de Laura, enxeñeira agrónoma e, polo tanto, experta en parques e xardíns. Explicounos todo canto hai que ter en conta antes de poñernos a proxectar o patio e axudounos a recoller as  ideas que as nenas e os nenos teñen para deseñar o seu lugar de lecer soñado.
Moitas grazas, Laura!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Proxecto Diversidades

Ola a tod@s!!
   Na tarde do luns celebrouse a xuntanza de clausura do Proxecto de Igualdade da ANPA, Asistiron as familias a esta última sesión de formación. Tamén foron expostos os materiais e traballos elaborados polo alumnado; unha boa parte pasarán a formar parte dos fondos da biblioteca. Este curso a temática no que se centrou o proxecto, como sabedes, foi a diversidade.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Comercio de Maniños

Ola a tod@s!!
   O alumnado do 1ºciclo de Primaria foi coñecer de primeira man o comercio de Maniños. Baixaron content@s. O sol acompañaba. Volveron aínda máis content@s (e iso que o camiño de volta é todo costa arriba!). Vese que @s trataron ben. Moi, moi ben, diría eu.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Andaina por Magalofes

Ola a tod@s!!
   O venres, a pesares da chuvia, tivemos unha saída fantástica. Fumos ata a parroquia de Magalofes para ver os hórreos. Visitamos tamén un lavadoiro e un muíño. É importante coñecer o noso patrimonio e aprender a poñelo en valor.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Hórreos. Patrimonio cultural e inmaterial.

Ola a tod@s!!
   O venres tivemos a palestra do proxecto Hórreos. Patrimonio cultural e inmaterial. Este proxecto, planificado polas familias, será presentado ao III Concurso Somos Rural, convocado polas ANPAS Galegas. 
      Podedes acceder a información máis completa no seguinte enlace:


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lavandeiras

Ola a tod@s!!
   Non puidemos ter mellor remate de proxecto que a visita das Lavandeiras de Sillobre, para compartir con nós aquelo que saben dos traballos que pasaron as mulleres en tempos pasados. Lavamos, puxemos a roupa ao clareo, escoitamos historias interesantísimas... Divertímonos. Aprendimos. 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Vero Rilo

Ola a tod@s!!
   Hoxe a nosa contadora de historias foi Vero Rilo. Falounos de moitísimas cousas relacionadas cos lavadoiros, dos duros traballos das mulleres, falou de inxustizas e de sororidade... Gozamos coas historias dos libros e coa narración oral. Participamos. Preguntamos e aprendimos. 
    Que ben o pasamos hoxe na biblioteca! Grazas, Vero!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Proxecto Universo

Ola a tod@s!!
    Na aula de EI están un pouco tristes porque xa non ven Irene, a profe en prácticas que nos acompañou durante o primeiro trimestre. Quédanos o mural do proxecto Universo que fixeron con ela. O Rato e máis eu estamos tamén aí,  viaxando polo espazo na nosa propia nave. Grazas, Irene. Querémoste!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Teachers for future

Ola a tod@s!!
   A ONU acaba de incluir Teachers for Future Spain na súa web, no apartado My Climate Action. Fomos informados de tan boa nova porque nós tamén formamos parte deste movemento e traballamos en prol do medio ambiente.


Sen ir máis lonxe, aquí están hoxe plantando unhas "cabañetas" de bambú que van levar chícharos.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Alegría!

Ola a tod@s!!
   Hoxe tivemos no cole unha invitada moi especial: a profe Maribel! Ían xa anos que non pasaba por aquí. Canta alegría nos trouxo! Convidárona as nenas e nenos de 3º e 4º para entrevistala, como parte do seu proxecto. 
   Sei de dúas nenas que estaban realmente emocionadas. Elas foron quen tiveron a idea de chamala; recórdana con moito agarimo e son coñecedoras de canto sabe. 
   Pasou pola biblio, claro, para comprobar se estamos a coidarlla ben. Penso que foi contenta co que veu. O Rato e máis eu, quedamos encantados coa súa visita. Como non, se foi ela quen coidou de nós cando viñemos dar aquí.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Proxecto arquitectura indiana

Ola a tod@s!!
   Rematamos o noso proxecto sobre a arquitectura indiana de Fene celebrando unha festa.
Foi este un fermoso proxecto no que aprendimos moito sobre a nosa historia, sobre o patrimonio fenés, sobre a emigración...
Foi tamén un proxecto moi especial porque as familias estiveron implicadas de forma directa; é máis, foron elas as que levaron adiante a iniciativa, a planificación, o produto final... e cunha  dedicación encomiable!
Grazas de maneira especial a María e Noe, sempre dispostas a axudar. E de que maneira!
   Con este proxecto imos participar no concurso "Somos rural" das ANPAS galegas. Sexa cal sexa o resultado, nós o premio xa o tivemos mentres traballamos neste fermosísimo proxecto, do que tanto gozamos.

Resumo: un proxecto marabilloso!
Moitas grazas!!!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Exposición fotografías

Ola a tod@s!!
   Xa están expostas todas as fotos recibidas no proxecto da arquitectura indiana. Mañá realizaremos as votacións para escoller cal serán as 10 que presentaremos ao concurso.
   Sorte a tod@s! Bo traballo!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

As que saben, saben

Ola a tod@s!!
    Pensades que hai algo que nos guste máis que recibir mamás e papás, des@s que veñen ler, contarnos cousas, aprendernos daquelo que saben? Pensabades que non? Pois que saibades que ainda nos gusta máis que veñan avós e avoas!!! Saben tanto!!!
   O luns estivo Dulce na biblio coa clase de Educación Infantil. Dulce é apicultora. Tamén é a avoa de Navia e Osián. E de abellas sabe... sabe todo e un pouco máis. Trouxo libros para ensinarnos, gravou un vídeo das súas colmeas e, por riba, tróuxonos mel!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Casa do mel

Ola a tod@s!!
   Este curso na aula de Educación Infantil andan moi interesad@s no mundo das abellas. Así que, el@s e os compañeiros e compañeiras do 1ºCiclo viaxaron ata Goente para visitar a Casa do Mel. Canto aprenderon! E pasárono ben de verdade; non hai máis que verlles as caras.

Outro luxo!

Ola a tod@s!!
Non me digades que non é outro luxo contar con José Rivera Arnoso no clúster de xardinería. Canto sabe! 
Foi maravillosa a experiencia de visitar o seu xardín botánico. "Se parece mesmamente que un está noutro lugar -dixo o Rato. Poderiamos andar pola selva ou percorrendo a Amazonia. Non cres, Mica? E a verdade é que así era.
Outro clúster estupendo, no que están aprendendo moitísimo.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Modelo SEM: Clusters

Ola a tod@s!!
Canto están aprendendo nos diferentes clusters que organizaron as nenas e os nenos de 4º.
Como podedes ver @s expert@s do de cerámica son de luxo.
Moitas grazas, Carme Romero e Francisco Pérez Porto, pola vosa colaboración.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Premio da RAG

Ola a tod@s!!
   O martes, 24 de outubro, foi un día moi especial. Todas as nenas e nenos dos Casais (eu tamén, pero tan ben agochada que ninguén me viu) acudiron á Real Academia Galega para recoller o premio Primavera das Letras 2017.
   Alí aprenderon en que consiste o traballo de arquivo (algúns ata tiveron ocasión de practicar) e a importancia da RAG.
   Visitaron o museo de Emilia Pardo Bazán e descubriron importantes cousas da súa vida e obra.
   Compartiron a xornada coa escritora Fina Casalderrey, con Víctor Freixanes, presidente da Academia,  con Hâkan Casares, fillo de Carlos Casares, c@s nen@s e profesor@s dos outros coles premiados... e con Braulio.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Presentación do PDI

Ola a tod@s!!
   Por fin, despois de tanto como traballamos nas primeiras horas da mañá, chegou a hora de ver que é o que quere Mica que fagamos este ano.

 
Quere que sexamos artist@s!!!
Ela, que nos coñece ben, di que xa o somos. Será verdade?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Programa TEI

Ola a tod@s!!
   O mércores, 11 de outubro, celebramos na biblioteca o acto de presentación do Programa TEI, de titoría entre iguais.

        
   O respecto, a empatía e o compromiso son os piares básicos deste programa de convivencia, no que o alumnado de 5º e 6º de Primaria titorizarán @s compañeir@s de 3º.
   Despois de que @s titor@s asinaran o seu compromiso, a directora do IES e o representante da Guardia Civil entregáronlles os carnés e diplomas correspondentes.
Dende aquí dámoslles as grazas a est@s maravillos@s nen@s que, de forma voluntaria, non dubidaron á hora de  asumir tan importante responsabilidade. 
Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes