Rematamos o noso proxecto sobre a arquitectura indiana de Fene celebrando unha festa.
Foi este un fermoso proxecto no que aprendimos moito sobre a nosa historia, sobre o patrimonio fenés, sobre a emigración...
Foi tamén un proxecto moi especial porque as familias estiveron implicadas de forma directa; é máis, foron elas as que levaron adiante a iniciativa, a planificación, o produto final... e cunha dedicación encomiable!
Grazas de maneira especial a María e Noe, sempre dispostas a axudar. E de que maneira!
Con este proxecto imos participar no concurso "Somos rural" das ANPAS galegas. Sexa cal sexa o resultado, nós o premio xa o tivemos mentres traballamos neste fermosísimo proxecto, do que tanto gozamos.
Resumo: un proxecto marabilloso!
Moitas grazas!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario