Amosando publicacións coa etiqueta Anxo Moure. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Anxo Moure. Amosar todas as publicacións

Día da árbore

Ola a tod@s!!
Con ocasión do Día da árbore recibimos na nosa biblioteca un invitado moi especial: Anxo Moure. 
O rato e máis eu pasámolo estupendamente. As súas sesións de animación á lectura parécennos fantásticas.
 Penso que a vós tamén vos gustou, verdade? Non podedes negalo, mirade que cariñas...
Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Contacontos con Anxo Moure

Ola a tod@s!!


Hoxe a nosa biblio voltouse do revés con Anxo Moure, un contacontos moi especial que nos veu contaxiar coa súa loucura particular. Entre risas e contos aprendemos dende onde nace o río Miño, ata o importante que é coidar do noso entorno, ou a ampla variedade de árbores que podemos atopar en Galicia. 



Anxo Moure é precursor ademáis dunha iniciativa chamada "Contos Solidarios", animámosvos  moito, moitísimo a entrar na súa páxina e a seguir as súas andainas.

Moitas grazas Anxo!

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes