TEI

Ola a tod@s!!
   Non falaramos nunca de que, por fin, neste curso puidemos recuperar o TEI. Lembrades o que é? Si, a titoría entre iguais. Pois que saibades que unha das actividades que fixeron foi un apadriñamento lector. E aí estiveron e están, facendo lecturas compartidas os martes.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Teachers for future

Ola a tod@s!!
   A ONU acaba de incluir Teachers for Future Spain na súa web, no apartado My Climate Action. Fomos informados de tan boa nova porque nós tamén formamos parte deste movemento e traballamos en prol do medio ambiente.


Sen ir máis lonxe, aquí están hoxe plantando unhas "cabañetas" de bambú que van levar chícharos.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O xardín de Irene

Ola a tod@s!!

"... andan tolas as abellas
zugando de flor en flor,
porque o mel é cousa delas..."


   Lembrades canto saben as nenas e nenos de Infantil sobre as abellas? Seguro que por iso escolleron este poema, aló no mes de marzo, para colocar na súa porta.
    Primavera e poesía, unha parella fermosa coa que fixemos cousas chulas, e eu ainda non amosara ningunha. Así que, poño esta dos pequerrechos. Bonito, verdade?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntariado

Ola a tod@s!!
   Chegou a hora de presentar a memoria do voluntariado. E non sabedes ben canto axudan estes nenos e nenas. Sen o seu traballo desinteresado ao longo de todo o curso a nosa biblio, sen dúbida, funcionaría un pouco peor. Son fantástic@s!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Tarde de teatro

Ola a tod@s!!
   Esta tarde recibimos a María Torres, de Elefante Elegante, grazas ao programa Lectura e Familias. O Rato e máis eu, coma sempre, estivemos no noso furadiño observando. Penso que todas cantas persoas alí estiveron gozaron do tempo que con ela pasaron. 


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura

Ola a tod@s!!
   Neste cole todos somos voluntarios de lectura, len as familias, as nenas e nenos maiores son contacontos e nós tamén contamos. Sabédelo, verdade?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

22 de abril: Día da Terra

Ola a tod@s!!
   Hoxe é unha desas datas que non podemos deixar de destacar. É necesario tomar moi en serio o coidado do planeta; pero moi, moi en serio; e xa. É sábado, por iso, as actividades especiais para celebrar este día fixémolas onte.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Alegría!

Ola a tod@s!!
   Hoxe tivemos no cole unha invitada moi especial: a profe Maribel! Ían xa anos que non pasaba por aquí. Canta alegría nos trouxo! Convidárona as nenas e nenos de 3º e 4º para entrevistala, como parte do seu proxecto. 
   Sei de dúas nenas que estaban realmente emocionadas. Elas foron quen tiveron a idea de chamala; recórdana con moito agarimo e son coñecedoras de canto sabe. 
   Pasou pola biblio, claro, para comprobar se estamos a coidarlla ben. Penso que foi contenta co que veu. O Rato e máis eu, quedamos encantados coa súa visita. Como non, se foi ela quen coidou de nós cando viñemos dar aquí.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Robótica

Ola a tod@s!!
   Aínda non amosara ningunha fotografía da clase de 5º e 6º nos obradoiros de robótica, verdade? E mira que levan tempo con eles! Penso que de 1º, tampouco. Non pensedes que eles non tiveron; que si que foron, eh! A saber onde andan as fotos... Seguro que agochounas o Rato, que encántalle xogarme malas pasadas. Xa sabedes como é! Un demo de rato! (Miau!)


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Saúde

Ola a tod@s!!
   O luns tivemos unha interesantísima charla na biblio. Viñeron tres odontólogas a aprendernos a maneira correcta de coidar a nosa saúde bucodental. Explicaron moitísimas cousas que non sabiamos. Nin as profes as sabían! O Rato, nin escoitara falar de cousa tal... (non llo digades a ninguén, pero el nin vai ao dentista!).


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mamá de Lola

Ola a tod@s!!
   Onte veunos ler a mamá de Lola, pero non subiu á biblio, porque había outra actividade. Tanto ten! As nenas e os nenos de 1º e 2º gozaron igual do fermoso conto que veu ler.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Proxecto arquitectura indiana

Ola a tod@s!!
   Rematamos o noso proxecto sobre a arquitectura indiana de Fene celebrando unha festa.
Foi este un fermoso proxecto no que aprendimos moito sobre a nosa historia, sobre o patrimonio fenés, sobre a emigración...
Foi tamén un proxecto moi especial porque as familias estiveron implicadas de forma directa; é máis, foron elas as que levaron adiante a iniciativa, a planificación, o produto final... e cunha  dedicación encomiable!
Grazas de maneira especial a María e Noe, sempre dispostas a axudar. E de que maneira!
   Con este proxecto imos participar no concurso "Somos rural" das ANPAS galegas. Sexa cal sexa o resultado, nós o premio xa o tivemos mentres traballamos neste fermosísimo proxecto, do que tanto gozamos.

Resumo: un proxecto marabilloso!
Moitas grazas!!!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Encontros Plambe 2023

Ola a tod@s!!
   Un ano máis a coordinadora da biblioteca asistiu aos Encontros Plambe no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Coma sempre, resultou ser unha xornada maratoniana e, desta vez, nunha data pouco apropiada; mais, con todo, interesante e fructífera. Non hai máis que ver esta foto, recollida da Asesoría, para comprobar que, aínda que soamente fora por asistir ao peche, coa presencia da incomparable Helena Villar Janeiro, xa tería valido a pena.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes