A poesía non morde

Ola a tod@s!!
   O venres visitounos Juan Carballo, recoñecido poeta, compositor e intérprete galego. Co lema "a poesía non morde" (como Fran Alonso e Yolanda Castaño), pretende achegar o xénero poético ao ámbito escolar, demostrando que a poesía nin é aburrida, nin é difícil.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

OutdoorClassroomDay

Ola a tod@s!!
   Poucos anos podemos sumarnos á convocatoria do Día das Aulas ao Aire Libre, porque o tempo non nos deixa. Este curso si, con este outono de sol que temos.
   Como sabedes, é este un movemento global que busca que os nenos e nenas pasen máis tempo ao aire libre, xogando e aprendendo, porque isto contribúe ao benestar emocional das persoas.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mesa de luz

Ola a tod@s!!
   Grazas a mamá de Dilan tivemos un obradoiro superinteresante no que misturamos a ciencia co Samain. Aprendimos un montón e pasámolo moi, moi ben.
Grazas, familias!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Contos no muíño

Ola a tod@s!!
   Nas muiñadas había cantos, bailes, brincos e leria mentres os mozos e mozas esperaban a quenda da moenda. Contiños tamén había. Grazas a Marta, nós seguimos a tradición.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Tradición oral

Ola a tod@s!!
   No mes de novembro celebramos a Semana da Literatura de Tradición Oral. 
A tradición oral é a forma de transmitir desde tempos anteriores á escritura, a cultura, a experienci e as tradicións dunha sociedade, a través de relatos, cantos, oracións, lendas, fábulas, conxuros, mitos, contos... etc.
Transmítese de xeración en xeración e ten como función primordial a de conservar os coñecementos ancestrais a través dos tempos.
Na aula de Educación Infantil tivemos a Gisela que tanto sabe da nosa música.
Escoitala é unha experiencia engaiolante!
E que ben o pasamos tocando, cantando e bailando!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura tenebrosa

Ola a tod@s!!
   Co Samaín, chega un dos "clásicos" da nosa biblioteca: a lectura tenebrosa. Este ano incorporamos unha novidade que foi moi ben acollida e da que gozou enormemente toda a rapazada. Contamos coa participación das familias!
Moitas grazas! É sempre un pracer! Miau!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Colares de zonchos

Ola a tod@s!!
   O colar de zonchos forma tamén parte do noso patrimonio cultural inmaterial. Grazas ás mamás da ANPA, no día que celebramos a festa de Samaín, os nenos e as nenas do cole tiveron un obradoiro para aprender a elaboralo e coñecer o seu significado tradicional como talismán máxico de protección e axuda.

Grazas, familias!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes