DÍA DA PAZ

Ola a tod@s!!
   Onte, como cada ano, celebramos o Día escolar da Non Violencia e a Paz. Recordamos o importantísimo que é aprender a convivir, aceptar as diferenzas e entender que estas non son un atranco, senón un enriquecemento. Cantamos, bailamos, leímos, fixemos murais, pegatinas e chapas... E saiu o sol! Que máis podemos pedir, se gozamos compartindo estes momentos especiais todos xuntos?


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Escola de cidadanía

Ola a tod@s!!
   Hoxe tocou exercer o noso dereito a voto. A biblioteca é escola da cidadanía. 
Agora xa temos o tema para o próximo Entroido:
ANOS 80
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Liados cos robots

Ola a tod@s!!
   O outro día, a clase de Jesús por pouco queda no cole ao mediodía. Non debían de ter ganas de xantar! Tan entretid@s estaban que, se non os avisan, quedan. El@s, e o profe tamén! Miau! Mira que lles gustan os escornabots, eh!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Grazas, profe Diana

Ola a tod@s!!
   Non temos fotos de todos os días, pero algunha si que hai. Vedes que atent@s están cando vai ler a profe Diana? Moito lles gusta que na Hora de Ler apareza un profe por sorpresa...

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día Internacional da Educación

   O 24 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Educación, unha data proclamada pola ONU co obxectivo de concienciar á poboación mundial da importancia da educación para conseguir os obxectivos contemplados na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable.
    A educación é a base para unha sociedade xusta, igualitaria e autosuficiente. A educación aumenta a productividade das persoas e, como conecuencia, o potencial do crecemento económico, axuda a erradicar a pobreza e a fame, contribúe a mellorar a saúde, promove a igualdade de xénero e reduce a desigualdade. En definitiva, forma ás futuras xeracións, forxando mellores cidadáns.
     Por iso, no CEIPP Os Casais, sumámonos cada ano á reivindicación de conseguir unha educación de calidade para todos e todas.

                
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

A figueira de Pelostortos

Ola a tod@s!!
   Cando Carolina era pequena A figueira de Pelostortos era o seu libro favorito; por iso quixo traelo para facer a súa sesión de contacontos (que bonito!). A lectura foi realizada nun tandem: Carolina e Miguel, Miguel e Carolina. Que ben o fixeron! Se ata había efectos especiais!
   Grazas! Sodes grandes contacontos!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Que será, será?

Ola a tod@s!!
   Gustaránlles os libros sobre a paz que escollín para el@s? Espero que si (Miau!). Recibíronos con moita ilusión, así que confío en que aprendarán moito con eles.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Bos tempos!

Ola a tod@s!!
   Da gusto ver canto lles gusta estar xuntos: grandes e pequenos, pequenos e grandes. Eu estou entusiasmada: deixar atrás o Somos contacontos virtual é un alivio enorme; non hai como a presencia física de verdade. Ou non?
   A nós gústanos compartir e compartir lecturas é do mellor que hai.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Benvido 2023!

Ola a tod@s!!
  Empezar o ano lendo, non é mala cousa. Iso foi o que fixeron as nenas e os nenos de Os Casais en canto volveron ás aulas. E atoparon sorpresas! Ano novo, libros novos!
   Da gusto ver a ilusión coa que se achegan ás novidades recén incorporadas á nosa biblio. 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes