Ola a tod@s!!
Chegou a noticia un pouco tarde de máis (a min teríame gustado que a rapazada non estivese xa de vacacións), pero benvida sexa! E tanto!
Que alegría enorme! Premio moi, moi merecido!
Chegou a noticia un pouco tarde de máis (a min teríame gustado que a rapazada non estivese xa de vacacións), pero benvida sexa! E tanto!
Ata o Rato anda dando brincos!
Grazas Anxos, Aurora, Breixo, Lola, Lúa, Maré, Mariña, María, Martín e Miriam!
Nós sabiamos de sobra que o voso compromiso coa biblio é de 10, non sei vós...
vedes como si?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
No verán, lectura!
Ola a tod@s!!
As vacacións son un tempo apropiado para gozar da lectura de vagar.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Proxecto O noso patio soñado
Ola a tod@s!!
Sabiamos que estabamos a facer, todos xuntos, un proxecto magnífico (grazas familias, moitísimas grazas Marta!), pero non contabamos con que tería recompensa. Que alegría! O esforzo compartido ten a súa recompensa.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Cooperación,
Lectura e familias,
premios,
Proxecto Patio,
teatro
Eu leo porque...
Ola a tod@s!!
Encántame que fagan isto, pero, no fondo, canta peniña me da. É unha alegría grande ver canto medraron, por fóra e por dentro, pero quedamos sen eles, sen elas, e ímolos botar en falta. Moito! Dígocho eu!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Nuria Vil na nosa biblio
Ola a tod@s!!
A piques de rematar o curso, a nosa biblioteca recibiu a mesmísima Nuria Vil (ao Rato gústalle moitísimo), quen ofreceu aos nenos e nenas do 4º/5º e 6º un obradoiro de poesía tan bo, do que tanto gozaron e no que tanto traballaron, aprenderon e se divertiron que tocou o timbre e alí non se moveu ninguén. Con razón rosmaba o Rato Gordecho: "porque temos autobús e non queda outra que marchar, senón durmen aquí..." Eu, coma sempre, díxenlle: "Pero non é estupendo que pasen estas cousas...? Coido que si. É ou non é?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ficción Dixital
Ola a tod@s!!
Este curso, os obradoiros de Ficción Dixital remataron cunha actividade que á rapazada de 5º e 6º gustoulles moito, moitísimo: un encontro co alumnado do CEIP de Pazos, co que o noso centro comparte proxecto baixo a mentorización de Lucas Ramada. Encantoulles! Compartir experiencias é marabilloso! Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Biblioteca creativa,
encontros intercentros,
ficción dixital
Os mariscos da nosa ría
Ola a tod@s!!
Ben interesante todo isto que nos contaron! Igual non era mala idea afondar un pouco máis neste tema... Hai que darlle unha volta, non credes?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
a ría,
Fene,
marisco,
obradoiros
Club de lectura
Ola a tod@s!!
Por razóns de axenda, Abril Camino non puido visitar o noso Club de Lectura de persoas adultas ata esta data tan tardía. Non era a mellor para nós, pero non por iso deixamos de gozar do tempo que compartimos con ela, das súas experiencias literarias e editoriais, das diferentes reflexións sobre a súa obra, e sobre a necesaria normalización da diversidade.
Un pracer tela con nós!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
OutDoor Day
Ola a tod@s!!
Como facemos sempre (se a choiva non o impide, que é moitas veces) non perdemos a ocasión de celebrar o OutDoor Classroom Day. Desta vez houbo sorte!
Polos creativos
Ola a tod@s!!
Se houbera máis tempo, seguro que a rapazada querería facer máis proxectos cos materiais dos Polos Creativos. O Rato non para de dicirme o contentos e concentrados no traballo que os ve e ten razón, porque así mesmiño é.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Biblioteca creativa,
circuitos eléctricos.,
escenografía,
Polos creativos
Despedida
Ola a tod@s!!
Despedimos a Davia; con pena, porque nestes dous cursos que estivo con nós, fíxose querer moitísimo. Grazas, Davia! Querémoste!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
O lobo feliz
Ola a tod@s!!
Para os nenos e nenas máis pequenos: Infantil, 2º e 3º, contamos con Miguel Guido e a súa divertida historia do lobo que aprendeu a deixar de estar triste.
Que ben o pasamos!
Déixounos un exemplar do libro, firmado, e agora na clase de Lorena piden que llo leamos unha e outra vez. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
IV Foliadiña pequeniña
Ola a tod@s!!
Como ven sendo habitual e, polo tanto, temos convertido xa nun "clásico" da nosa biblioteca, celebramos o Día das Letras Galegas cunha foliadiña.
Non foi fácil desta vez... houbo moito que improvisar a última hora...
Miau!
Quedou descartado o bosque (é que non para de chover!!!), pero, finalmente, todo foi moi ben. (Ou case que ben...)
Díxome o Rato que, igual, despois desta, pode que as celebremos máis veces aquí.
Sempre é un día moi especial. Acompañáronnos:
Anduriña
Ferreñas do Ar
Airiños de Fene
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Begoña Caamaño,
Foliadiña,
Letras Galegas
As lendas
Ola a tod@s!!
O alumnado de 5º e 6º quixo estrear para todos os compañeiros e compañeiras o gran traballo que fixeron sobre as lendas galegas. Realizaron un video cunha representación teatral de autoría propia coa que gozamos moitísimo.
En hora boa, rapazada! Un traballo excelente!
Bravo, profe Diego!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
AELG
Ola a tod@s!!
A rapazada de 4º/5º e 6º realizou un obradoiro sobre Begoña Caamaño da man da Asociación de Escritores e e Escritoras en Lingua Galega. Consistiu nun traballo sobre escrita epistolar que segue as pegadas de Begoña Caamaño e mistura a realidade e a ficción, axudando á rapazada a poñerse no lugar do outro para buscar puntos de entendemento.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
AELG,
Letras Galegas,
obradoiro
Teatro
Ola a tod@s!!
O mércores, 13 de maio, tivemos unha representación teatral de Trémola Teatro, sobre Begoña Caamaño, homenaxeada nas Letras Galegas deste 2026.
Reto superado!
Ola a tod@s!!
Un orgullo de rapazada! Un orgullo de familias! Conseguimos superar o reto do Modo Galego deste curso 25-26! E cun montonazo de puntos! Miau!
Un orgullo de rapazada! Un orgullo de familias! Conseguimos superar o reto do Modo Galego deste curso 25-26! E cun montonazo de puntos! Miau!
Carme Romero
Ola a tod@s!!
Lembrades que no 8-M decidimos poñer o nome da gran ceramista fenesa Carme Romero á aula de plástica? Pois que saibades que este martes visitou a nosa biblio e foi entrevistada por varias nenas do 3ºCiclo na Radio Mica. Dounos unha gran alegría! Sempre é un pracer recibila neste cole no que tanto a queremos. Canto ten colaborado con nós!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
8M,
arte,
Carme Romero,
Radio na biblio
Xogo didáctico
Ola a tod@s!!
Onte pola tarde, a nosa biblioteca encheuse de xogo en familia. Os xogos didácticos do Muíño do Fabal estiveron expostos no Espazo Fedelleiro e nenos, nenas e maiores puideron compartir unha xornada lúdica e divertida.
Moitas grazas, Lucía!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Biblioteca creativa,
espazo fedelleiro,
Lectura e familias,
xogo didáctico
Letras Galegas
Ola a tod@s!!
Comezamos a semana das Letras, na que as actividades sobre Begoña Caamaño van estar presentes de maneira intensiva. Pedro colocou os fermosísimos carteis informativos (canto me gustan este ano! Miau!) ao ladiño do hórreo. Por alí iremos pasando todos para coñecer mellor a autora homenaxeada este 2026.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Somos rural
Ola a tod@s!!
Aquí tedes o enlace para poder escoitar a entrevista sobre o Proxecto Muíños.
Agradecemos a Radio Fene o interese polo noso traballo e o feito de servir de altofalante para difundir a importancia da valoración e conservación do patrimonio.
Para todas as persoas participantes, alumnado, familias , profesorado e outras persoas colaboradoras (as nosas queridas artistas, miau!): parabens por desenvolver todas xuntas un proxecto tan fermoso!
https://www.radiofusion.gal/actualidade/novas/aprender-dos-mu%C3%AD%C3%B1os
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
ANPAS,
familias,
Patrimonio,
proxectos,
Radio Fene,
Somos rural
Modo Galego
Ola a tod@s!!
Imos avanzando, pasiño a pasiño, no Modo Galego. Actívao! Levamos percorridas xa as dúas terceiras partes de todo o traxecto. Miau! Un ano máis, estamos a piques de completar o reto! Miau, miau!
Imos avanzando, pasiño a pasiño, no Modo Galego. Actívao! Levamos percorridas xa as dúas terceiras partes de todo o traxecto. Miau! Un ano máis, estamos a piques de completar o reto! Miau, miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Xornadas Clubs de Lectura
Ola a tod@s!!
O día 29 celebráronse en Santiago de Compostela as Xornadas dos Clubs de Lectura. Alí estivo o profe Jesús, quen probablemente recolleu boas ideas para incorporar aos nosos propios clubs.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Club de lectura,
formación,
xornadas
Voluntariado
Ola a tod@s!!
O mércores 22, o grupo de voluntariado de biblioteca desprazouse ata a Residencia de Laraxe para agasallar ás persoas usuarias da mesma cunha representación do conto Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto. Momentos como os que pasamos alí, tanto os maiores como os pequenos, son dun valor incalculable.
Bravo, rapazada! Sodes incríbeis!Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
compartindomomentos,
Residencia,
Somos quen,
teatro,
voluntariado
Primavera
Ola a tod@s!!
Grazas, familias, por colaborar para que a nosa Rede das Estacións quedase así de preciosa vestida de primavera.
Grazas, familias, por colaborar para que a nosa Rede das Estacións quedase así de preciosa vestida de primavera.
Etiquetas:
Enrédate coas estacións,
familias,
Primavera
Troco de libros
Ola a tod@s!!
Este curso, con ocasión do Día do Libro, organizamos unha actividade nova. Resultou un pouco máis caótica do que debería; era a primeira vez, e a inexperiencia, xa se sabe... Hai que aprender dos erros. Pero, pese a todo, resultou un éxito rotundo. De seguro que o próximo ano, todo irá un pouco máis rodado. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Obradoiro de booktrailers
Ola a tod@s!!
O grupo de 4º de Primaria asistiu, (grazas ao programa Bbiblioteca Creativa) a un obradoiro de BookTrailers, que impartiu Jesús Silva Vilas (de GINGKO). Practicaron a gravación destes pequenos videos de promoción de libros, aprendendo estratexias para captar a atención dos posibles futuros lectores e fomentar o seu interese nas diferentes historias.
O grupo de 4º de Primaria asistiu, (grazas ao programa Bbiblioteca Creativa) a un obradoiro de BookTrailers, que impartiu Jesús Silva Vilas (de GINGKO). Practicaron a gravación destes pequenos videos de promoción de libros, aprendendo estratexias para captar a atención dos posibles futuros lectores e fomentar o seu interese nas diferentes historias.
Etiquetas:
Biblioteca creativa,
booktrailers,
obradoiros
Modo Galego. Actívao!
Ola a tod@s!!
Proba superada! Rematamos o primeiro tramo da nosa actividade lúdica de promoción do galego, realizada en colaboración coas familias. Foi duro, que houbo aí unha costiña difícil de superar, pero collimos novos folgos e conseguimos chegar á fin de etapa con éxito.
A seguir avanzando! Forza!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Premio Clubs de Lectura
Ola a tod@s!!
Co gallo da celebración do Día do Libro 2026, recoñécese a Manuel Rivas co Premio dos Clubs de Lectura 2026, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida durante o curso precedente.
Co gallo da celebración do Día do Libro 2026, recoñécese a Manuel Rivas co Premio dos Clubs de Lectura 2026, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida durante o curso precedente.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Miudiño
Ola a tod@s!!
Na tarde do luns, as familias tiveron unha sesión con Diego, de Miudiño, relacionada coa conservación do medio, na que tamén puideron gozar e compartir xogos tradicionais. Foi unha agradable tarde de convivencia na biblioteca.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Día do Libro
Ola a tod@s!!
Para celebrar o Día do Libro, que é o 23 de abril, o grupo de voluntariado de biblioteca representou Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto. Foi unha representación moi divertida! Gustounos moitísimo!
Grazas, chic@s! Sodes xeniais!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Día do libro,
teatro,
voluntariado
A gran lectura
Ola a tod@s!!
Chegou abril caseque sen darnos de conta... Con el, chegou a hora de celebrar A gran lectura, esa gran actividade de "apaamadriñamentos" lectores, que tanto lles gusta.
Etiquetas:
A Gran Lectura,
Apadriñamentos,
mes do libro
Patrimoniamos
Ola a tod@s!!
Volveu Ramón Molina ao noso cole e realizou cos nenos e nenas de 4ºde Primaria un obradoiro sobre o patrimonio galego. Aprenderon de forma divertida, xogando. Agora, quédanos contribuír a unha guía colaborativa que imos elaborar entre todos os centros que formamos parte da rede do Voluntariado Miúdo. Que será ben aportar? O noso legado indiano? Os lavadoiros ou os hórreos? Ou será mellor que falemos dos muíños?
Volveu Ramón Molina ao noso cole e realizou cos nenos e nenas de 4ºde Primaria un obradoiro sobre o patrimonio galego. Aprenderon de forma divertida, xogando. Agora, quédanos contribuír a unha guía colaborativa que imos elaborar entre todos os centros que formamos parte da rede do Voluntariado Miúdo. Que será ben aportar? O noso legado indiano? Os lavadoiros ou os hórreos? Ou será mellor que falemos dos muíños?
Etiquetas:
obradoiros,
Patrimonio,
proxecta,
Somos quen,
voluntariado
Novo Pasaporte Solidario
Ola a tod@s!!
O venres pasado recibimos na nosa biblioteca á Directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, quen veu, xunto con Ramón Molina, a presentarnos o novo Pasaporte Solidario. É esta, o Pasaporte Solidario, unha actividade, a día de hoxe incluída dentro do Plan Proxecta, na que vimos participando de forma ininterrumpida dende o curso 2013-14 e que nos permite reflexionar sobre as diferentes actividades de voluntariado, solidariedade e cidadanía global que realizamos en cada ano escolar.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
ODS,
Pasaporte Solidario,
Somos quen,
voluntariado
Paz compartida
Ola a tod@s!!
Hoxe recibimos un agasallo moi especial: os nenos e nenas de Centieiras quixeron compartir con nós unha parte das 1000 grúas pola paz que confeccionaron seguindo a estela de Sadako. Vedes o chulas que son?
Grazas, amig@s, mandámosvos moitas apertas.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
8M. 2026.
Ola a tod@s!!
Foron moitas e variadas as actividades que realizamos con ocasión do 8M. Unha delas é esta entrevista que o alumnado do 3ºCiclo gravou na radio escolar.
Foron moitas e variadas as actividades que realizamos con ocasión do 8M. Unha delas é esta entrevista que o alumnado do 3ºCiclo gravou na radio escolar.
Etiquetas:
8M,
entrevistas,
equipos de biblioteca,
exposicións,
formación de usuarios,
Igualdade,
ODS,
Radio na biblio
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















































