Novos obradoiros

Ola a tod@s!!
   Hoxe arrancaron os obradoiros de robótica. Empezou a clase de Ed.Infantil. 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Casa do mel

Ola a tod@s!!
   Este curso na aula de Educación Infantil andan moi interesad@s no mundo das abellas. Así que, el@s e os compañeiros e compañeiras do 1ºCiclo viaxaron ata Goente para visitar a Casa do Mel. Canto aprenderon! E pasárono ben de verdade; non hai máis que verlles as caras.

Día de Rosalía

Ola a tod@s!!
   Volver celebrar o Día de Rosalía con todo o alumnado na biblioteca énchenos de ledicia.  Que algunhas familias viñeran compartir con nós esta homenaxe, unha enorme satisfación. Ver ás nenas e aos nenos tan contentos recitando e cantando os versos da nosa escritora, unha gran alegría. Gozar xunt@s de momentos así de bos, un privilexio. Agasallarnos con flores e libros, un regalo da vida...
Viva Rosalía!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Enma e Iria

Ola a tod@s!!
   Co rebumbio do Entroido esquecérame de contarvos canto lles gustou ás nenas e nenos de Infantil o conto que leron Iria e máis Enma. Ese día non estaba a clase de Jesús, que saíran ata Maniños para coñecer distintos oficios; pero os máis pequerrechos estiveron ben atentos á lectura. Ás maiores souberon escoller ben, este libro ten o éxito asegurado e elas son unhas contacontos marabillosas.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura e familias 2023

Ola a tod@s!!
   Canto gozamos cando veñen mamás! Despois deses anos de cole blindado ao exterior, compartir momentos de lectura coas familias é un privilexio fantástico. As nenas e os nenos quedan sempre encantados e o Rato e máis eu, felices a máis non poder. É unha marabilla, ou non?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

ENTROIDO!!!

Ola a tod@s!!
O Entroido deste curso dedicámolo aos anos 80.
Mirade que guapiña estou!!!
A nosa Meca foi a Bruxa Avería, agasallo da ANPA "Río de Vá", sempre tan colaboradora e á que tanto temos que agradecer.
Ela si que era chula! Chulísima! Mais, xa non está, arder era o seu destino, e ao lume foi. A tradición manda!.
Déixovos o testamento que, con tanto agarimo,si quedou para a posteridade (miau!).



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Estou namorada del@s!

Ola a tod@s!!
   Si. Son unha gata namorada! Estou namorada del@s! De quen vai ser? Do alumnado de Os Casais!!! Cando vexo o ben que o pasan na biblio, cando, en realidade están traballando e aprendendo, o meu corazón derrétese!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Máis contacontos!

Ola a tod@s!!
   Hoxe tiven outro día magnífico. De novo puiden ver nenas e nenos de diferentes cursos compartindo momentos de lectura co que eu gozo con iso. 
As contacontos Carla e Lis leron para as clases de Infantil e Primeiro.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Biblioteca Creativa

Ola a tod@s!!
   O venres o profe Jesús estivo en Compostela na xornada de formación da Biblioteca Creativa. Cantas boas ideas para poñer en práctica! Cantos libros marabillosos para traballar con eles!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

7 de febreiro

Ola a tod@s!!
   O martes, 7 de febreiro, foi o Día da Internet Segura. Os nosos nenos e nenas participaron en obradoiros online sobre esta temática tan necesaria. A Rede é unha ferramenta fundamental e potentísima, pero precisamos coñecer os perigos que agocha e aprender a utilizala con seguridade.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura e familias

Ola a tod@s!!
   Que sorte temos con estas mamás que veñen ler connosco!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Candeloria

Ola a tod@s!!
   Cando chegou o inverno, escribimos poemas nas nosas portas e, coa colaboración das familias, recopilamos refráns para Enrédate coas estacións. Agora que andamos pola metade, unha boa parte deles foron incorporados a eses gromos verdes que van aparecendo pola Candeloria. E, ademáis, a nosa tradicional Cita a cegas (que casan os paxariños!!!).
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

OUTRAS FORMAS DE LER

Ola a tod@s!!
   No século XXI hai moitas maneiras de ler; diferentes ferramentas para facelo. Ás nenas e aos nenos gústalles moito empregalas para achegarse aos libros. Coñecen os textos divertíndose, que é o que a el@s máis lles gusta. A min, ver canto gozan na biblio (miau!).


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes