Psaportes Solidarios

Ola a tod@s!!
   A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado enviounos, un ano máis, tal como solicitamos, os Pasaportes Solidarios do Voluntariado Galego.
                    Tédelos aquí, 
preparados e listos para empezar a anotar as nosas accións voluntarias e solidarias.
                             Porque nós... somos quen.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

@s influencers do lixo



Coma sempre, preocupad@s pola conservación do medio e a saúde do planeta, que é a saúde de tod@s.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Semana Europea de Prevención de Residuos

Ola a tod@s!!
Como Cole Verde que somos, esta semana sumámonos á campaña de ADEGA para facernos "influencers" do lixo: 3R = reducir, reciclar, reutilizar.
A xestión sostible dos recursos e a redución do lixo é imprescindible para a conservación dun medio ambiente saudable.
Temos que concienciarnos. 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes


Educación Infantil

Ola a tod@s!!

  Encántanos ver a ilusión coa que empezan a disfrutar dos libros e a lectura @s pequerrech@s!



                         Ronroneos e miañadiñas
                     Mica Bigotes
 e o Rato Gordecho
                      

Encontro das Bibliotecas Escolares de Galicia

Ola a tod@s!!
   Os pasados días, 19, 20 e 21, celebrouse o Encontro das BE;
desta vez, en rede. Coma sempre resultaron ser unhas xornadas moi enriquecedoras e unha dose de novos folgos para as nosas bibliotecas; moito de agradecer sempre, pero máis, se cadra, nestes difíciles tempos nos que hai que reinventarse.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

20-N

Ola a tod@s!!
Un día coma hoxe, outro ano calquera, faríamos un gran acto xeral tod@s xuntos. Neste 2020, iso non é posible; pero tal cousa non implica que non levemos traballando esta semana sobre os Dereitos da Infancia en cada unha das aulas, coma sempre; pero tampouco que quedemos sin un xesto reivindicativo común a todo o alumnado. Aquí o tedes.

                 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Xa queda menos

Ola a tod@s!!
Hoxe (por fin!) saíron as primeiras Mochilas Viaxeiras. 

Sairán todas esta semana.
Xa vai quedando menos para poder abrir a biblioteca. Seguro que o estades desexando. Eu teño moitísimas (moitííísimas) ganas de que andedes por aquí. 
Mirade que van alá oito meses dende a última vez que me viñestes visitar... e o Rato non para: Cando veñen? Cando veñen? Mica, cando veñen? Que cansino...
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Que está a pasar?

Ola a tod@s!!
Aí vai outro video! Que estará a pasar?
 As nenas e nenos de 6º desenmascaran o misterio na trepidante historia da súa curta Among scary.

  
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Habelas, hainas!


As nenas e nenos de 5º fixeron o conxuro deste ano. 
Compartírono en video coas outras clases.
A que está xenial?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día de medo nos cole Os Casais

Ola a tod@s!!


Aquí vos deixo o video que fixeron na clase de 3º e 4º co conto que inventaron. Está xenial!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Correlingua 2020

Ola a tod@s!!
   Cada día síntome máis orgullosa das nosas nenas e nenos. Pensaba que nas miñas sete vidas xa tiña moito mundo andado e pouco xa co que sorprenderme, pero non. Aprendo deles cada día. A súa capacidade de adaptación é infinita e á gañas de desfrutar e pasalo ben non @s supera ninguén.

O Correlingua houbo de suspender en maio as celebracións públicas e as celebracións finais do curso pasado. Fixémolo agora nos propios centros, sen as actuacións musicais presentes, coas distancias de seguridade, coas máscaras... e non por iso deixaron de ser o que sempre son: unha festa e unha reivindicación lúdica da lingua.
Canto temos que aprender d@s pequen@s!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura tenebrosa

Ola a tod@s!!

   A pesar dos pesares, sen intercambio entre aulas, sen lectura de grandes a pequenos e de pequenos a grandes na biblioteca, sen a emoción de ser os auténticos protagonistas... non quedamos sen un dos nosos clásicos: a lectura tenebrosa.
   Hai que adaptarse aos tempos e botei man do que poiden: os profes. A fin de contas sempre din aquelo de Nós tamén contamos.
    E as nenas e os nenos desfrutaron desas lecturas do alén que tanto lles gustan, como corresponde a un bo samaín.  
  Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Que medo!!!

Ola a tod@s!!
   Grazas á colaboración das familias este raro Samaín foi, coma sempre, un Samaín de medo.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntariado de Lectura-A

Ola a tod@s!!
                                   Chegaron os diplomas do Voluntariado de Lectura-A do curso 2019-20. 
   Unha parte dos nosos voluntarios e voluntarias están xa no IES. Mándolles unhas miañadiñas virtuais (e o diploma tamén, claro).
 Ao resto, espero volver telos de axudantes este ano.
 Ou non queredes?     A que estades desexando poder empezar...                                   
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Atopeino!

Ola a tod@s!!
   Estou moi contenta!
Por fin dei atopado o agasallo que para min deixaron os nenos e as nenas de 3º e 4º: un conto de medo escrito, ilustrado e máis editado por eles!
    Grazas, grazas!
Este Samaín está resultando raro, claro que si; pero, todos xuntos conseguiremos que sexa 
   MAGNÍFICO!
                        (e terrorífico...) 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Un raro Samaín

Ola a tod@s!!
   Como nos últimos tempos todo e "raro" ou, cando menos, diferente a como estamos afeitos, tamén o Samaín terá que mudar. Eu, que son unha gata á que lle encanta o misterio, extrañarei moitísimo os obradoiros, a aula do medo, as grandes exposicións dos vosos traballos, as actuacións coas que nos agasallaba a nosa querida ANPA... Que hei de contar que non saibades...
   Pero, sen Samaín non quedamos; por suposto que non!
   Para empezar, aquí vos deixo unha foto dos profes.
   Non me negaredes que con profes así, é imposible non ter algunha sorpresa agochada por aí. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes