Un raro Samaín

Ola a tod@s!!
   Como nos últimos tempos todo e "raro" ou, cando menos, diferente a como estamos afeitos, tamén o Samaín terá que mudar. Eu, que son unha gata á que lle encanta o misterio, extrañarei moitísimo os obradoiros, a aula do medo, as grandes exposicións dos vosos traballos, as actuacións coas que nos agasallaba a nosa querida ANPA... Que hei de contar que non saibades...
   Pero, sen Samaín non quedamos; por suposto que non!
   Para empezar, aquí vos deixo unha foto dos profes.
   Non me negaredes que con profes así, é imposible non ter algunha sorpresa agochada por aí. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario