Correlingua 2020

Ola a tod@s!!
   Cada día síntome máis orgullosa das nosas nenas e nenos. Pensaba que nas miñas sete vidas xa tiña moito mundo andado e pouco xa co que sorprenderme, pero non. Aprendo deles cada día. A súa capacidade de adaptación é infinita e á gañas de desfrutar e pasalo ben non @s supera ninguén.

O Correlingua houbo de suspender en maio as celebracións públicas e as celebracións finais do curso pasado. Fixémolo agora nos propios centros, sen as actuacións musicais presentes, coas distancias de seguridade, coas máscaras... e non por iso deixaron de ser o que sempre son: unha festa e unha reivindicación lúdica da lingua.
Canto temos que aprender d@s pequen@s!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario