30 de abril

Ola a tod@s!!
Ponte! Mañá é festivo.
O rato e máis eu decidimos pasar unha fin de semana relaxada. Tense que notar que son días especiais.
Non é nada fácil marcar os tempos nas circunstancias singulares que estamos a vivir, pero é importante facelo. Así que, decidido!
Ademáis estamos cansos, que preparar o maio para mañá dounos moito que facer.

   E vos? Tedes o voso para para colocar nas ventás ou nos balcóns?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

29 de abril

Ola a tod@s!!

   Xa non fago máis!
   Pareceume boa idea seguir facendo pompóns de cores para a nosa árbore, pero... como non contaba con estar tanto tempo na casa, fixen tantos que estou medio morta. Repito: xa non fago máis!  Pero teño un montón.
   Vounos agochar. Igual... se cadra...  quen os atope cando volvamos ao cole, leva un agasallo. Que vos parece?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

28 de abril

Ola a tod@s!!
   Chove; pero non por iso vou perder o meu paseo.
   Sei que non podo ir onde me gustaría, nin xuntarme coas outras gatas amigas miñas que andan por aí, nin ir moi lonxe, nin estar todo o tempo que me pete, nin... Éche o que hai!  Mais son responsable. Tod@s temos que selo.  
    So co estrito cumplimento das normas por parte de todo o mundo, poderemos axiña saír desta.

Desfrutade dos vosos paseos! Pero lembrade: sentidiiiiño. 

      Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

27 de abril

Ola a tod@s!!
   Co gallo da celebración do Día do Libro, a consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, recoñece a Andrea Maceiras, unha das autoras más seguidas polo lectorado infantil e xuvenil galego, co premio dos Clubs de Lectura 2020.
  Este premio recoñece á autora como comprometida coa lingua e co fomento da lectura en galego.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

24 de abril

Ola a tod@s!!

   Aquí ando; colocando todo nos andeis e deixando os libros no seu lugar correspondente.   Sabedes que isto é fundamental nunha biblioteca. Se non son rigurosamente estricta nisto, é imposible que a biblioteca funcione ben.
   Nestes tempos, tamén é moi importante que teñades na casa todo ben ordeado. Son moitas as horas que estamos dentro e moitas as actividades novas que facedemos nela. É fácil deixarnos levar, pero non podemos permitírnolo. A maior caos, peor será esta situación xa de por si caótica. Sede responsables.



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

23 de abril. Día do Libro

Ola a tod@s!!
   Hoxe, Día do Libro 2020, no que, de seren distintas as circunstancias, de seguro estariamos facendo apamadriñamentos lectores no fermosísimo patio do cole, quixemos ser nós, os que, dende as nosas casa, lemos para os nosos nenos e nenas, aos que tanto botamos de menos.


Tamén hoxe, @s voluntari@s da biblioteca, tiñan programado compartir lectura coas persoas maiores da residencia de Laraxe. Non puido ser. Dende aquí, mandámoslles apertas, alegrándonos das noticias que recibimos de que todos están ben e adiando ese encontro para datas futuras.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

22 de abril

Ola a tod@s!!
   Non vedes dobre, non. Fixádevos ben. Que fago? Pois, xogar! Ou é que non sabiades que aos gatos mólannos as caixas? Vaia que si!
   Ás nenas e aos nenos, tamén. Seino.
   Onde non podemos ir metid@s nunha caixa? A ningures. Todos os mundos son posibles coa nosa imaxinación, esa poderosisíma arma coa que contamos.
   Eu desfruto. E vós?
💪 💪 💪 💪    
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

21 de abril


   Hoxe, as letras están de loito, a poesía está de loito. Deixounos Luz Pozo Garza, unha das grandes; en palabras da RAG: "voz esencial da poesía galega".
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

20 de abril

Ola a tod@s!!
Nunca tan fácil foi desfrutar dos bos libros!
Esta iniciativa solidaria da librería Biblos é moi de agradecer. 
Aquí tedes un exemplo. Veredes que ben.


Hai un para cada día. Desfrutade!
 Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes


19 de abril

Ola a tod@s!!
   Lembro con nostalxia as tardes de domingo nas que visitaba á miña querida amiga Minina. Ela aprendeume a xogar co Tangram; así que vou facer gatiños toda a tarde, coma se estivéramos xuntas.
   Tedes un na aula maker, non si? Pois vou por el. Se non o atopo, farei as pezas con papel, que tamén valen.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

18 de abril

Ola a tod@s!!
   Hoxe, como estamos na fin de semana, púxémonos en serio coa repostería, e así poderemos darnos un pequeno capricho. Ben, como vedes, non tan pequeno...
   Estoume poñendo un pouco gordiña, pero tanto ten, xa recuperarei a esbelta figura felina. 
   Ollo! Non vaiades pensar que é porque non me ocupo de facer exercicio. Diso nada;  todos os días, todos,  dedícolle un pouco de tempo. E vós? Non olvidedes o importante que é.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

17 de abril

Ola a tod@s!!
   Hoxe vou dedicar o día á música, que tantas satisfacións me da. 
   
                                                                  Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes


                                                                   

16 de abril

Ola a tod@s!!
Hoxe vou dedicar o día a tarefas de reparación. Nunha casa sempre hai pequenas cousas que arranxar, que non sempre precisan dunha persoa profesional; e menos se sabemos facelo por nós mesmos. Nesas estou. Eu son bastante mañosa, a verdade. E vós? Veña, esta é unha boa oportunidade para aprender.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

15 de abril

Ola a tod@s!!
Non olvidedes ler! 
Lembrade que cos libros podemos desfrutar de praias infinitas, viaxes por todo o mundo, coles cheos de nenos e nenas, pandas de adolescentes que comparten o seu tempo... Cos libros podemos vivir todo o que estes tempos non nos permiten.
Vaaamos!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

14 de abril

Ola a tod@s!!   

   Hoxe erguínme chafada. De verdade que sinto que non podo máis. Estas vacacións (vacacións?) que acabamos de pasar deixáronme esmagada de todo. Non serviron para rachar con rutina ningunha, como de seu tiñan que facer unhas vacacións, e iso "queimoume" moito.
   E vós? Non tedes días non que non hai gañas de nada? É normal, tranquis. Non vos sentir culpables por iso. É lóxico que algún día esteamos así. Pero, ánimo, mañá será outro día e, de seguro, atoparemos a alegría e o entusiasmo para seguir facendo cousas con bo ánimo e optimismo.
       
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

3 de abril

Ola a tod@s!!

Os próximos días vivirei mil aventuras (sin moverme da casiña, iso si). Disfrazareime, farei teatro, serei a protagonista dos meus libros favoritos, viaxarei de forma virtual, soñarei... Desfrutarei de cada momento, igual que veño facendo ata o de agora. 
Non perdades a oportunidade de ser creativ@s, de encher os vosos días de maxia, de facer aquilo que máis vos gusta... e, sobre todo, de compartilo con aquelas persoas que tedes o voso carón.
Eu continuarei agardando o voso regreso.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

2 de abril


    Hoxe é un deses días importantes que tanto celebramos no cole. Este curso non imos participar no Concurso Andersen como facemos sempre, ben sabedes por qué. Pero vaia se podemos ler! Que bo sitio para ler é a nosa casa!
   O lema desta edición é: FAME DE PALABRAS. Cantas nos imos decir cando volvamos encontrarnos, verdade? Mentres non chega ese día, aproveitade o ofrecemento que nos fan moitos e moitas creadores e editoriais galegas, que, de forma xenerosa e solidaria, achégannos de balde o acceso ás súas obras.
   Aquí tedes os enlaces:
   
 
 



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

1 de abril


    Se onte tocóulle á roupa, hoxe vai o calzado.
Deixo fóra o que vou utilizar; as botas de goma son imprescindibles para andar polo bosque, que non para de chover... As vosas seguen colocadiñas no seu andel para cando volvades. Lémbranme moito a vós... 
E que vos boto moitísimo en falta!!!
Bicos gatunos para tod@s.
💔💓
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes