Reading in English

Ola a tod@s!!
   Today, again, reading in english in our library. Thanks, Emilia!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lendo, lendo...

Ola a tod@s!!
   Nin se sabe de onde sacan o tempo, pero as profes deste cole sempre consiguen repañar un momento para compartir unha boa lectura coas nenas e os nenos...


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura tenebrosa

Ola a tod@s!!
   Nesta semana celebramos o Samaín e, como tantos anos atrás (é xa un clásico da nosa biblioteca), non perdimos a lectura tenebrosa. Eses contos de medo á luz das candeas son moi emocionantes. É divertido pasar un pouco de medo de mentira con toda a clase. A min gústame un montón ver canto lles prestan estas lecturas. O Rato Gordecho pásao fatal (pobriño!) e, por riba, non sabe nunca quen le ou deixa de ler...


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día das Escritoras

Ola a tod@s!!
   Un ano máis celebramos o Día das Escritoras, para reivindicar o labor e o legado das mulleres na literatura ao longo da historia.
   O lema deste ano foi: "Antes, durante e despois das guerras".
   O libro que nós eliximos para ler hoxe foi "O principio", de Paula Carballeira.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Nós tamén contamos

Ola a tod@s!!
   Estamos recibindo a tantas mamás que veñen ler á biblioteca (e que recibimos e recibiremos sempre cos brazos abertos) que case non vos contei nunca ainda que, coma sempre, nós (@s profes) tamén lemos en todas as aulas. Non cadaquén na súa, que iso tamén, senón en todas as do cole. Aquí vos deixo unha foto de Lorena na clase de 1º. Canto lles gustou que fora! Aos seus "ex", aos que máis (miau!). 
                                               Moitas grazas, profe Lorena!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Teatro

Ola a tod@s!!
   Hoxe, o alumnado de 3º/4º/5º/6º achegouse ata Narón para asistir, no Pazo da Cultura, a obra de teatro Ninja, da compañía Ghazafelhos. O tema desta peza teatral aborda unha problemática social que é urxente erradicar:o acoso escolar. 


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ler

Ola a tod@s!!
   Hoxe as nenas e nenos de Educación Infantil recibiron unha sorpresa. O conto da Hora de Ler contouno a mamá de Teo Antón! Canto nos gustou a tod@s!
   É marabilloso contar con tantas familias lectoras que se achegan ao cole a pasar un pouquichiño de tempo na nosa biblioteca, que é tamén súa.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura e familias

Ola a tod@s!!
   Canto nos gusta recibir a mamás lectoras como a de onte. A biblio está sempre aberta para que as familias veñan ler con nós. Tanto nos ten que sexan mamás, papás, avós, madriñas, tíos ou curmás... Que ben o pasamos! Canto aprendemos!


(O rato gordecho ten debilidade polas historias de unicornios)

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Nova biblio

Ola a tod@s!!
   O rato e máis eu traballamos moito, moitísimo, no verán para renovar a biblio. Puxemos moita ilusión pensando en conseguir facela máis práctica, máis diáfana, máis cómoda...; pensando, en fin, en renovala para dar un mellor servizo para os nosos nenos e nenas. Pero, cando vemos, un día calquera, o cómodos que están, canto gozan dos libros e a lectura, como lles gusta compartir tempo c@s outr@s neste lugar, olvidamos todo o traballo e lembramos so a ilusión. Pensamos que valeu moito a pena! Da gusto vel@s!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Tempo de lecer

Ola a tod@s!!
   Sabedes que co mes de outubro abre as portas a nosa biblioteca e inícianse tódolos servizos para este curso 22-23. 
   As lecturas do recreo empezaron polo máis noso: materiais feitos por nós, eses que a editorial Micasmil foi elaborando ao longo dos anos.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Virán?

Mandeilles un correo. Pensades que van vir?
Eu coido que si. A ver...

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mochilas, mochilas...

Ola a tod@s!!
   Ao longo da semana foron saindo para as casas todas  as Mochilas Viaxeiras. Que contenta estou! (Miau!). Esas lecturas compartidas en familia, os xogos para todos, a música, as pelis... non teñen prezo. Vai que non?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

HdL. English.

Ola a tod@s!!
   Hoxe vin ás nenas e nenos de Educación Infantil durante a Hora de Ler. Levei unha alegría. Gústoulles moitísimo o conto en inglés que Emily leu para el@s. Que sorte temos de poder gozar de tan fermosos momentos na nosa biblio. Se estaba contento ata o rato, co rosmón que el é!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Primeiro día

Ola a tod@s!!
   Hoxe foi o primeiro día deste curso no que abrimos a biblioteca para as nenas e os nenos. Non todos puideron pasar hoxe por aquí, que o día non da para tanto. Pero 5º e 6º, si. Levaron cadanseu libro en préstamo e sairon as primeiras mochilas.
   Non sei vós, pero eu vexo moita ilusión neses ollos... Miau!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes