Recreos

Ola a tod@s!!
   Este curso conseguimos por primeira vez ter aberta e atendida a biblioteca no tempo do recreo para que a cativada puidera pasar aquí o seu tempo de lecer. Foi un éxito rotundo. Mágoa será se no vindeiro curso, por falta de persoal e horario, non podemos facelo, porque os nenos e nenas estaban a gozar libremente dos recursos dos que dispoñemos.
   Vai quedando pouco tempo para ver o ben que o pasan. Estamos xa, coma quen di, na conta atrás.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

E para rematar...

Ola a tod@s!!
   As últimas lecturas do tempo de lecer no patio veñen cargadas de emoción, de intriga, de misterio. Que ocurrirá? Haberá perigos? Terá solución ese enigma complicado?
   Quen se atreve? Gozade dos libros, que isto está a piques de rematar.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura e familias

Ola a tod@s!!
   É unha marabilla poder contar con estas mamás tan dispostas a vir a ler para a rapazada durante todo o curso. Recíbenas sempre con moita ilusión. Aínda que onte os folgos eran escasos, porque tanta calor repentina tíñanos a tod@s esgotad@s. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Formación ODS

Ola a tod@s!!
   Recibimos unha foto da xornada de formación sobre os ODS que o Fondo Galego de Cooperación realizou no concello de Fene para incentivar a implementación da Axenda 2030 no ámbito local. Aí estivemos nós, porque sabemos da importancia da implicación de todos e todas para acadar estas metas, tan importantes para o noso futuro, o do planeta e o da humanidade enteira.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Sopa verde

Ola a tod@s!!
   As voluntarias de biblioteca fixeron unha lectura teatralizada do conto de Ángela Madeira: Sopa verde, para todo o alumnado do cole. Foi unha Hora de Ler diferente e moi chula. Que ben o fixeron! Canto gustou!

Grazas, nenas! Sodes fantásticas!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
   Onte o Rato e máis eu levamos un bo susto. De repente, fíxose o silencio. Andei investigando, baixei con coidadiño e so estaba Pedro!!!
Pero... onde ía todo o mundo?
Tardei en caer na conta de que era o Correlingua (vou algo vella).
O Correlingua!!!  (Outra data desas que non debería ser necesario celebrar; pero mentras tanto, aí estamos; sempre).


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes