Que sorte tivemos! Tanto chover, tanto chover... e, para a nosa foliadiña, escampou! Poidemos así celebrar as Letras como a nós nos gusta: coa foliadiña no bosque. Un día ben fermoso: convivencia coas familias, música tradicional con veciñas, mamás e antigas alumnas (canta alegría da volver telas por aquí), a homenaxe aos escritores e escritoras galegas, personificada este ano en Luísa Villalta... Recordámola, cantamos, bailamos, comimos, falamos, gozamos...Unha festa! Como ten que ser.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario