Voluntariado

Ola a tod@s!!
   É un orgullo contar cun alumnado coma este; unha satisfación enorme contar coas maravillosas familias que o fan posible e un luxo formar parte dun equipo que o respalda absolutamente.
   Comparto un extracto do Video Promocional do Voluntariado Galego, no que participou unha representación dos nosos nenos e nenas. Que pensaran en nós non deixa de ser un recoñecemento e un estímulo para continuar andando xuntos este fermoso camiño.

   O que ven a continuación é o video orixinal, por se queredes velo completo. Os proxectos que aparecen reflectidos son ben interesantes.





Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Adopta un libro

Ola a tod@s!!
   
Como cada Nadal, buscamos unha nova vida para algúns dos libros que cumpriron o seu tempo na nosa biblioteca.  
    Van cargados de bos desexos, para eles e para aquelas persoas que os reciban.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Festival de inverno

Ola a tod@s!!
   Por fin podedes ver as fotos do Festival de Inverno. Mais, como poderedes comprobar, aquí falta alguén, non?
   Terei que seguir buscando... a saber onde ten o rato as fotos de Infantil! Acaba comigo, de verdade que si! Anda todo o día a facerme trasnadas.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Hora de Ler

Ola a tod@s!!
   
   Nunca saben onde estou, pero sempre miro o que fan.

 Non imaxinades canto desfruto vendo o cómodos que están na biblio...
    Miau!!! Miau!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voces de muller

Ola a tod@s!!
 
  Durante todo o primeiro trimestre, en 6º estiveron traballando no proxecto Voces de Muller. Da gusto comprobar que forman un equipo maravilloso, no que colaboran, axúdanse, apóianse, refórzanse e anímanse uns aos outros...
      Canto levaran aprendido! 
   Estou desexando ver o resultado final! E non menos a outra parte, a de 4º... Pero... terei que esperar a marzo, que será cando ámbalas dúas clases presenten o produto final.
    (Será radiofónico? Disque si, segundo o rato).
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntari@s de 6º

Ola a tod@s!!

   Quen se acorda do fachendosa que posou a clase de 6º o día que recibiu os carnés do voluntariado de biblioteca?

   Da gusto velos a todos tan contentiños, verdade?
   E o que traballan...!!!
   Non imaxinades canto me axudan...
   Son uns bibliotecarios e bibliotecarias de primeira!!!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Obradoiros

Ola a tod@s!!
   Son moitos os obradoiros que realizamos. Lembrades este?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Compartindomomentos

Ola a tod@s!!
   É fantástico contar con voluntarios e voluntarias de biblioteca tan comprometidos co seu entorno, tan dispostos a compartir o seu tempo e as súas lecturas cos demáis.
   Canto vos quero meus nenos!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Oratoria

Ola a tod@s!!
Canto aprendimos o curso pasado nos obradoiros de oratoria do Proxecto Piteas!  Agora hai que voar sos, e nesas estamos, pouquiño a pouco...

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Outra perdida...

Ola a tod@s!!
Sabedes que (ainda que perdamos as fotos...) no cole non perdemos ocasión ningunha de ler. No tempo de Samaín fixéronse lecturas polas aulas. Aquí vos deixo unha proba diso.
Boa ma fixo o rato! porque xa choveu...

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ula Lúa?

Ola a tod@s!!
   Lembrades que ben o pasamos cando Celtia Figueiras visitou a nosa bibliteca?


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Familias lectoras

Ola a tod@s!!
  Atopei tamén esta foto dunha das nosas maravillosas mamás lendo na clase de 6º. 
É un tesouro contar con familias lectoras!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Biblioteca: viveiro de cidadanía

Ola a tod@s!!
 Lembrades que actividade tan chula fixemos no mes das bibliotecas? A que foi divertido? Sei que si. A min gustoume especialmente o feito de irdes polas clases explicando todas e cada unha das cousas que cada grupo descubriu despois de atopar cadanseu libro. Por iso púxenme moi contenta ao ver que esta foto estaba nese montonciño que o rato tiña agochado.
   Tense que notar en algo que eu son a gata bibliotecaria, non?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Comando Verde

Ola a tod@s!!
Lembrades o noso Comando Verde?
   Aquí podedes velo en acción, explicando e dando instruccións polas aulas. 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Atopeinas!

Ola a tod@s!!
Xa vos dixera que ían aparecer, non si?
Sabedes onde as tiña o moi pillabán?
Metidiñas todas detrás do ordenador de xestión da biblioteca!!!
Como sabe que eu diso non me ocupo... que esas cousas da informática lévanas as profes... Moi listiño el!
Pero atopeinas!!!

 Hoxe poño esta. De primeira; para agradecer enormemente tantos agasallos altruistas que estes maravillosos artistas feneses teñen con nós.
Grazas, Carme! Grazas, Francisco!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

EQUIPOS INTERNIVEIS

Ola a tod@s!!
Outra!!!
Onde vai isto! Unha foto dos nosos estupendos equipos de traballo na biblioteca; eses nos que as nenas e nenos maiores tanto axudan e ensinan aos máis pequenos.
Non pode ser... Estoume fartando deste xoguiño do Rato. Marramañau! De verdade que si... Vou empezar a buscar, e tanto me ten que as teña agochadas detrás dos libros, no seu burato da parede ou nunha caixa perdida por aí. Atopareinas!!! Faltan fotos da lectura na Domus Vi, de cando veu visitarnos Celtia Figueiras, de obradoiros, de saídas, da oratoria... E non, así non é. Acabouse o xogo!
E vou gañar eu! Como que me chamo Mica Bigotes! Miau!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

NON

Ola a tod@s!!
   Este ano o rato anda a gastarme bromas todo o tempo. Estou convencida de que ten que ser el o que agocha as fotos. Quen vai ser! E despois van aparecendo por aí... Pero, bueno, o caso é que aparecen. Menos mal!
   Hoxe atopei esta de cando celebramos os actos reivindicativos do 25-N. A saber onde terá as que quitamos no cole!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Nós tamén contamos

Ola a tod@s!!
   No mes de decembro a nosa profe voluntaria está sendo Lorena. 
   A mellor maneira de ensinar é dando exemplo, ou non?

   
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Esfolla

Ola a tod@s!!
   Seguro que non sabiades que os maiores da residencia de Laraxe que viñeron esfollar con nós, tamén nos aprenderon a facer preciosas bonequiñas...
   Quedaron chulísimas!
   
 Se é que as avoas e os avós saben tantas cousas...
Moito temos que aprender.
Esperamos que veñan máis veces, porque pasámolo todos moi ben.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Semana da Literatura de Tradición oral

Ola a tod@s!!

 O rato acaba de recuperar dun caixón unhas fotografías perdidas. Son da Semana da Literatura de Tradición Oral. Lembrades eses días tan especiais nos que viñeron ler as vosas familias? 

Sei que hai algunha foto máis perdida por aí; o que non sei é onde andarán.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes