Diplomas de 5º

Ola a tod@s!!
   Aquí tedes a foto do resto do voluntariado de biblioteca. Agora si, xa tod@s teñen o seu ben merecido diploma. Miau!


Para o ano, conto con vós!
Grazas, chic@s!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Grazas, familias!

Ola a tod@s!!
   Ainda non amosara este traballo das Letras Galegas feito coa colaboración das familias. 
   Moitas grazas por participar!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntariado Miúdo

Ola a tod@s!!
   Onte celebrouse o Encontro Virtual do Plan Proxecta do Voluntariado Miúdo: Móvete. O alumnado de 6º representou ao noso centro.
   Coñecimos as actividades realizadas en todos os coles participantes e fixemos propostas para os vindeiros cursos.
   Presidiu o acto Cristina Pichel, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Grazas, profe Rocío!

Ola a tod@s!!
   Queda pouco, pero no cole seguimos lendo moito cada día; e así será ata o final. E, como sabedes, temos a sorte de que @s prof@s, tamén len para @s pequen@s.
   Moito me gusta ver (eu ando ao quite sempre) estes momentos! Non me digades que non é un luxo, unha paz, unha marabilla... gozar de instantes coma este nun entorno coma o noso!
   O Rato e máis eu estamos encantados de vivir aquí!!!


Grazas, querida profe Rocío!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntariado de Lectura-A

Ola a tod@s!!
   O alumnado de 6º recolleu o seu diploma por participar no Voluntariado de Lectura-A.
   A clase de 5º terá que esperar. Hai que respectar os grupos-burbulla!


Grazas, chic@s!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

ADOPTA!

Ola a tod@s!!
   O proxecto da clase de 6º deixou para todos unha mensaxe importante. O Rato e máis eu agradecémoslles que pensaran nos animais. Vós non sabedes iso, pero temos algún parente no Refuxio de Mougá que esperan a ser adoptados. O resto, tamén.
    Mirade que bo consello nos dan.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Natureza

Ola a tod@s!!
   O pasado xoves (ía un día de sol magnífico para a ocasión) Os Casais sumouse á iniciativa internacional Outdoor Day. As clases foron impartidas no exterior do edificio. 
  Fantástico día! As nenas e nenos gozaron moitísimo do aire libre, porque, de todos é sabido que estar no exterior é moiiiitííísimo máis saudable que pasar o tempo pechado entre catro paredes.
   O excelente entorno co que contamos axuda moito, claro está, e isto aquí faise con asiduidade, pero este era o día, e aí estivemos todos (o Rato e máis eu tamén. Onde? Quen sabe!).


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Colaboración

Ola a tod@s!!
   Cando viñeron facer o préstamo estas nenas tan maiores que vedes, levaron algo máis que libros.
   Atoparon na biblio unha caixa de galletas para cans.
   O Rato e máis eu quixemos colaborar co seu proxecto de recollida de alimentos para cans.
   Así é como imos conseguindo grandes cousas; colaborando, cooperando, traballando en equipo, axudándonos, aportando... Que gran iniciativa tiveron!

       Grazas a todas as persoas que estades a colaborar co seu proxecto.
   

                
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Darío a diario

Ola a tod@s!!
   Os nenos e nenas de 6º de Primaria leron un dos poemas máis coñecidos da obra de Xela Arias "Darío a diario" para ccompartir co resto d@s compañeir@s.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

COMO NACEMOS?

Ola a tod@s!!
   Hoxe, o último dos nosos contacontos: Mario.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

TES PESADELOS?

Ola a tod@s!!
   Alguén ten pesadelos? Onde agochalos? No armario, claro! 
 Escoitade a Antía e veredes.
Canto aprendemos con est@s voluntari@s!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Proxecto de Educación Infantil

Ola a tod@s!!
  


 Picade na imaxe e escoitade esta mensaxe tan importante que as nenas e os nenos de Educación Infantil teñen para nós.
   Están a facer un proxecto sobre o coidado dos animais e precisan da nosa colaboración.
   Escoitade!


                              Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Prohibido pensar cos pés

Ola a tod@s!!
   Atent@s ao que nos conta Hugo!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Xela Arias

Ola a tod@s!!
   Moi contenta,  recibín a visita das nenas e nenos de 1º e 2º. Viñan coñecer un pouco máis a biografía de Xela Arias. Pasaron un bo rato e aprenderon moito. 


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Teatro con G

Ola a tod@s!!
   Ludivina e Tereija son dúas pitas que viven no curral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que ven ás veces xogar con elas. Pero temen que ese día chova...
   A quen lle soa esta historia? A tod@s, verdade? Claro!!! Porque trátase da obra de Ricardo Carballo Calero "As pitas baixo a choiva".
   Hoxe foi representada por Ghazafelhos no teatro Jofre de Ferrol. Este ano non asistimos a este Teatro con G. Teríanos gustado, peeeroooo....
   Mais non perdimos a ocasión de gozar do teatro e tivemos unha representación virtual en directo para todo o cole.
Foi moi divertido!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

CORES

Ola a tod@s!!
   Queredes escoitar outro conto? Dani Casdelo é outro d@s nos@s marabillos@s voluntari@s, que non quixeron deixar de ler para a clase de EI a pesares de non poder achegarse ata alí.
   Aquí o tedes. Grazas, Daniel!



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Traballando xunt@s

Ola a tod@s!!
   Hoxe estiveron traballando na biblioteca as nenas e os nenos da clase de Rocío. Tiñan moito que investigar sobre os graves problemas de contaminación do planeta, porque eu tiña dúbidas e fixen moitas preguntas. Pero contaron con axuda. Sabedes quen lles axudou? As nenas e nenos da clase de 6º! Non estaban alí, porque as clases-burbulla impiden tal cousa, pero si, foron as compañeiras e compañeiros de 6º @s que @s guiaron na súa búsqueda de información.


 Moito me tarda que poidan traballar xunt@s de verdade!
Quero ver a biblio chea como antes!

Moitas grazas, 6º!!!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

UNHA GATA QUE NON SON EU

Ola a tod@s!!
  Sei ben que son a vosa favorita (ou non?), pero no mundo hai máis gatas ca min; todas elas misteriosas, divertidas e adorables.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Maios 2021

Ola a tod@s!!
   Quedamos sen romería ata O Pote. Botámolo de menos! Moito!  De seguro que eles tamén a nós, a pesares de todo canto traballiño lles damos. Pero non íamos quedar sen celebrar os maios, verdade? Foi diferente,  pero fixémolo. Claro que sí!!!
   Se é que estes nenos e nenas meus poden con todo!!!
Sonche un amor.

 
             Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

A hixiene

Ola a tod@s!!
   Sabemos como hai que lavar os dentes? E cando mudar a roupa? Lavamos correctamente as mans? Por se alguén ten algunha dúbida, aquí temos a Ainhoa recordando os consellos dos Bolechas para @s máis pequen@s.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

A biblio mola

Ola a tod@s!!
   Da gusto vel@s aprender xogando!!!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Outro conto!

Ola a tod@s!!
   Queredes esta mascota? 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Quen será?

Ola a tod@s!!
    
   Coa lectura da profe MªJosé, en 5º empezaron a coñecer a unha nena namorada dos libros e da lectura. Da escritura tamén. 
   Quen será?
   Imaxinádelo, verdade?
   El@s tamén o descubriron axiña. Son máis viv@s que un allo!   



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

OS CANS

Ola a tod@s!!
   Na clase de Infantil están facendo un proxecto sobre os cans e axudáronme a escribir un conto.  So pensan en axudar, e vós? Queredes axudarlles a el@s?


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Contacontos Helena

Ola a tod@s!!
   A veciña Adriana pediulle aos Bolechas que lle coiden as súas mascotas...
   Queredes saber como foi a cousa?
    Aquí tedes a Helena contando todo o que pasou.


   Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes