Traballando xunt@s

Ola a tod@s!!
   Hoxe estiveron traballando na biblioteca as nenas e os nenos da clase de Rocío. Tiñan moito que investigar sobre os graves problemas de contaminación do planeta, porque eu tiña dúbidas e fixen moitas preguntas. Pero contaron con axuda. Sabedes quen lles axudou? As nenas e nenos da clase de 6º! Non estaban alí, porque as clases-burbulla impiden tal cousa, pero si, foron as compañeiras e compañeiros de 6º @s que @s guiaron na súa búsqueda de información.


 Moito me tarda que poidan traballar xunt@s de verdade!
Quero ver a biblio chea como antes!

Moitas grazas, 6º!!!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario