O pasado xoves (ía un día de sol magnífico para a ocasión) Os Casais sumouse á iniciativa internacional Outdoor Day. As clases foron impartidas no exterior do edificio.
Fantástico día! As nenas e nenos gozaron moitísimo do aire libre, porque, de todos é sabido que estar no exterior é moiiiitííísimo máis saudable que pasar o tempo pechado entre catro paredes.
O excelente entorno co que contamos axuda moito, claro está, e isto aquí faise con asiduidade, pero este era o día, e aí estivemos todos (o Rato e máis eu tamén. Onde? Quen sabe!).
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario