Amosando publicacións coa etiqueta Lectura e familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lectura e familias. Amosar todas as publicacións

Mesa de luz

Ola a tod@s!!
   Grazas a mamá de Dilan tivemos un obradoiro superinteresante no que misturamos a ciencia co Samain. Aprendimos un montón e pasámolo moi, moi ben.
Grazas, familias!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Contos no muíño

Ola a tod@s!!
   Nas muiñadas había cantos, bailes, brincos e leria mentres os mozos e mozas esperaban a quenda da moenda. Contiños tamén había. Grazas a Marta, nós seguimos a tradición.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura tenebrosa

Ola a tod@s!!
   Co Samaín, chega un dos "clásicos" da nosa biblioteca: a lectura tenebrosa. Este ano incorporamos unha novidade que foi moi ben acollida e da que gozou enormemente toda a rapazada. Contamos coa participación das familias!
Moitas grazas! É sempre un pracer! Miau!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Colares de zonchos

Ola a tod@s!!
   O colar de zonchos forma tamén parte do noso patrimonio cultural inmaterial. Grazas ás mamás da ANPA, no día que celebramos a festa de Samaín, os nenos e as nenas do cole tiveron un obradoiro para aprender a elaboralo e coñecer o seu significado tradicional como talismán máxico de protección e axuda.

Grazas, familias!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Proxecto O noso patio soñado

Ola a tod@s!!
   Sabiamos que estabamos a facer, todos xuntos, un proxecto magnífico (grazas familias, moitísimas grazas Marta!), pero non contabamos con que tería recompensa. Que alegría! O esforzo compartido ten a súa recompensa. 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Premio!

Ola a tod@s!!
Que alegría!
Conseguimos o 2ºPremio!
Parabens!



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Xogo didáctico

Ola a tod@s!!
   Onte pola tarde, a nosa biblioteca encheuse de xogo en familia. Os xogos didácticos do Muíño do Fabal estiveron expostos no Espazo Fedelleiro e nenos, nenas e maiores puideron compartir unha xornada lúdica e divertida.
Moitas grazas, Lucía!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Miudiño

Ola a tod@s!!
   Na tarde do luns, as familias tiveron unha sesión con Diego, de Miudiño, relacionada coa conservación do medio, na que tamén puideron gozar e compartir xogos tradicionais. Foi unha agradable tarde de convivencia na biblioteca.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

A nosa feira

Ola a tod@s!!
   Anxos e Deva foron entrevistadas en Radio Fene para dar a coñecer o importante evento que terá lugar na mañá do domingo, 8 de marzo: a Feira dos Casais. Podedes comprobar que, xunto con Marta, son unhas embaixadoras excepcionais do noso cole. Que ben o fixeron! 
   Hai moitísimo traballo detrás deste proxecto cooperativo tan ilusionante; esperamos que esa xornada sexa todo un éxito "comercial". De non selo, a súa realización, o ter chegado ata aquí, xa o é. Miau!
Agradecemos a Radio Fene o seu interese por visibilizar esta iniciativa.




Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Club de Lectura

Ola a tod@s!!
   Na tarde do luns, reunímonos para compartir comentarios sobre a lectura da obra Cousas pequenas como estas, de Claire Keegan. Resultou, coma sempre, un tempo compartido moi agradable e interesante. Aínda que faltou algunha persoa, podedes comprobar que somos un grupiño moi pequeno. É unha mágoa que non se sumen máis nais e pais a esta iniciativa tan enriquecedora. Miau! Aínda así, confiamos en poder ser máis na última xuntanza. Ou no curso que ven! Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día de Rosalía

Ola a tod@s!!
   Hoxe celebramos un dos días máis grandes da nosa biblioteca: o Día de Rosalía. Tivemos a sorte de non estar sós; varias nais viñeron a compartir con nós a alegría deste día, lendo cos seus fillos e fillas. Sempre é fermoso este día.  Miau!
   Sumámonos á proposta da AELG: #_rdc2026#maiselestamenperdidos. Leímos o Manifesto deste ano, recitamos e cantamos poemas de Rosalía relacionados coa inxustiza social, os abusos de poder e o drama da emigración, e ata cantamos tamén na súa homenaxe. E, como sempre, ademáis dos marcapáxinas conmemorativos, hoxe  levamos un libro e unha flor. Miau! Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Proxecto Patio

Ola a tod@s!!
   Este venres toda a cativada, por cursos, reflexionou sobre os datos obtidos nas enquisas (para alumnado, familias e profesorado) realizadas sobre os patios de recreo. Todo estaba reflectido e clasificado no impresionante mural do corredor.
Moitas grazas, familias!
Moitísimas grazas, Marta!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Inverno

Ola a tod@s!!
   Unha das primeiras actividades deste ano 2026 foi a que realizamos en colaboración coas familias e leva por título "Enrédate coas estacións". Toca inverno (e ben que se nota!). Desta vez, inventamos acrósticos.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O patio que queremos

Ola a tod@s!!
   En colaboración coas familias, estamos inmersos no proxecto do patio. Na biblioteca contamos cunha palestra a cargo de Laura, enxeñeira agrónoma e, polo tanto, experta en parques e xardíns. Explicounos todo canto hai que ter en conta antes de poñernos a proxectar o patio e axudounos a recoller as  ideas que as nenas e os nenos teñen para deseñar o seu lugar de lecer soñado.
Moitas grazas, Laura!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura e familias

Ola a tod@s!!
   Xa sabedes canto nos gusta que as familias veñan compartir con nós tempo de lectura. Desta vez, non foi posible facelo na biblio, porque coincidía con outras actividades. Pero tanto ten, gozar, gozamos moitísimo igualmente e máis escoitamos cousas moi interesantes de Uxío Novoneyra, o gran poeta do Courel.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mércores de lectura

Ola a tod@s!!
   
Hoxe, nestes tempos nos que estamos rematando as actividades da biblioteca, recollendo datos para realizar a avaliación, repartindo diplomas varios, etc., tivemos un día ben completo de lectura. Pola mañá, Virginia veu ler á nosa biblioteca. Dámoslle as grazas. A ela e a todas as nais e pais que, ao longo do curso viñeron compartir historias coa rapazada.

 E, pola tarde, no club de lectura de adultos, contamos coa marabillosa Marilar Aleixandre. Unha mágoa que algunhas persoas non puideran vir. Perderon unha charla certamente moi interesante. Foi un auténtico pracer recibila na nosa biblioteca e escoitala falar da súa obra e das historias reais que detrás dela hai.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Marabilloso!

Ola a tod@s!!
   É moi gratificante contar con tantas familias lectoras, que ofrecen voluntariamente o seu tempo para vir lerlles un conto aos nenos e ás nenas. Somos un cole moi afortunado. Grazas, familias!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Papá lector

Ola a tod@s!!
  Que mellor que ler fóra cando chega o mes de abril!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Aloia, Nuria e Nahia

Ola a tod@s!!
   Que ben o pasaron hoxe as nenas e nenos de Infantil na Hora de Ler! Aloia axudou a súa mamá a contar un conto superchulo, Nahia deixouse aloumiñar canto quixeron e, para rematar, fixeron un colorido experimento! Xenial!
Moitas grazas, Nuria!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Nais que len

Ola a tod@s!!
   Ás veces, cando as mamás veñen ler, hai tanta actividade na biblioteca que teñen que quedar nas aulas. Tanto ten! Á mamá de Xenxa pasoulle isto, mais... a clase de Infantil é un lugar estupendo para ler, non si?
Moitas grazas por vir! 
Que orgullo de familias!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes