Hoxe celebramos un dos días máis grandes da nosa biblioteca: o Día de Rosalía. Tivemos a sorte de non estar sós; varias nais viñeron a compartir con nós a alegría deste día, lendo cos seus fillos e fillas. Sempre é fermoso este día. Miau!
Sumámonos á proposta da AELG: #_rdc2026#maiselestamenperdidos. Leímos o Manifesto deste ano, recitamos e cantamos poemas de Rosalía relacionados coa inxustiza social, os abusos de poder e o drama da emigración, e ata cantamos tamén na súa homenaxe. E, como sempre, ademáis dos marcapáxinas conmemorativos, hoxe levamos un libro e unha flor. Miau! Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ningún comentario:
Publicar un comentario