Amosando publicacións coa etiqueta bookcrossing. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bookcrossing. Amosar todas as publicacións

Sementando lectura

Ola a tod@s!!


Ta-ta-ta-chán!!! Atención, atención: que estreamos recuncho novo!! 

O Rato e máis eu vimos de prantar unha horta. De leitugas?? Nooooon! De libros, por suposto. É que esta nova iniciativa chámase: "Sementando lectura". 


Esta vez, pensamos nos papás e mamás, nos tíos e tías, avós e avoas, na conserxería, no servizo de limpeza, nos profes... e en tódol@s adult@s que pasan polo cole e forman parte da comunidade educativa. Isto é só para vós.

Como funciona? Moi sinxelo:

1. Pásate polo recuncho "Sementado lectura", na entrada do cole, ao lado do sofá vermello.




2. Escolle un libro que che apeteza ler. Difícil decisión!! Lembra que antes de levalo debes deixar outro libro a cambio (un que che pareza que os demáis poidan ter interés en ler, claro, nada de deixar tomos de enciclopedia!!!)

3. Colle unha pegatina "Sementando lectura" da caixa amarela.


4. Pégaa no libro que vas deixar na estantería. Así:


5. Divírtete coa túa lectura e, cando remates libera o libro de novo no noso recuncho ou en algún outro punto de "Bookcrosing" ou similar. Se queres coñecer os puntos oficiais de intercambio libre de lecturas, fai clic aquí, pero hai moitos máis!! 

Esperamos que vos guste e que vos animedes a sementar moitas lecturas.


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Pensando "nesa" carta...

- Ola Rato Gordecho! Véxote moi atarefado, que estás a facer?
- Pois estou escribindo a carta aos Reis, xa sei que vou pedir!!!
- Dime, dime!
- Vou pedir un libro electrónico!!!
- Vaia! E logo, non che chega cos libros da biblio? 
- É que nun libro electrónico collen moitos máis, Mica.
- Xa...bueno, para gustos...a min gústame moito o tacto dos libros, como ulen, prestarllos aos meus amigos, incluso facer "bookcrossing"!
- Que é iso do "bucrousin"?
- Pois les un libro e despois libéralo nalgún parque ou nunha cafetería para que outr@o poida ler tamén, incluso podes deixar unha nota co que che pareceu o libro.
- Que boa idea! Pero eu non vou deixar o libro electrónico por aí...
- En fin, da igual en que formato, o que importa é ter sempre algo que ler. Precisamente aquí traio unhas recomendacións para este Nadal.
- Estupendo! Deixa que bote unha ollada antes de rematar a carta!!
- Claro que si!

(...)

- Oíches, Mica...
- Dime, Rato.
- E como fago para roer no libro electrónico...Non me pasará a corrente!!!



Miañadiñas e ronroneos

Mica Bigotes

BUSCA INSPIRACIÓN PARA NADAL AQUÍ...