CAMIÑO INGLÉS

Ola a tod@s!!
   Así de fachendos@s posaron as nenas e os nenos de 3º e 4º cos diplomas que recolleron la biblioteca.


E non era para menos! Foron @s primeir@s de todo o cole en percorrer o Camiño Inglés coa Fanpa Ferrolterra. Iso si, de forma virtual.
Poderá conseguilo algunha outra clase?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día de Rosalía 2021

  Non nos xuntamos na biblioteca, tal como acostumamos nun día como o de hoxe, pero veu a biblioteca ás aulas.
  Non viñeron ler as familias, pero tamén estiveron presentes.
  E, por suposto, iso si coma sempre: os fermosos versos de Rosalía nas voces d@s nos@s pequen@s e as flores para amosarlle o noso recoñecemento perpetuo.
Por sempre: Grazas, Rosalía!


Grazas, familias, por querer compartir con nós tan fermoso día.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lendo para vós

Ola a tod@s!!

Lembrades? Nós tamén lemos, din @s profes de Os Casais.
Canto gozamos tod@s con esta actividade.

Se é que non hai cole máis solidario!!!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
 
Aquí temos outras dúas marabillosas voluntarias, traballando de forma solidaria no seu tempo de recreo.
  Que sorte teño!
  O Rato dimo todos os días:

  Ai, Mica, pero que boísimos son os nenos e as nenas de Os Casais!!!

   E canta razón leva...

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Rosalía

Ola a tod@s!!
   Achégase o Día de Rosalía.
   Para que este ano o celebremos tamén como se merece, ainda que non poidamos facelo tod@s xunt@s na biblioteca, veu animarnos nada menos que Rosalía de Castro "en persona".
Non imos defraudala.
Vai que non?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

PAZ VERDE

Ola a tod@s!!
   Como parte do noso proxecto medioambiental este curso, igual que fixeramos no anterior, dedicamos o Día da Paz á Terra. A humanidade  enfróntase ao reto de crear unha nova forma de vivir e comprender o mundo; precisamos  un planeta san, sostible e xusto.

 
  Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes


ADIVIÑAS

Ola a tod@s!!
  Queredes xogar na casa coas vosas adiviñas? Igual os vosos irmáns e as vosas irmás maiores non dan pé con bola... Ou as mamás, os papás, os avós e as avoas... Vós si, que xa as sabedes.
   Por si queredes lanzarlles o reto, aquí volas deixo. 
   Eu vou rir un pouco co Rato Gordecho, porque de seguro que el non acerta nin unha. Miau!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Nós tamén contamos

Ola a tod@s!!


   Na clase de Educación Infantil levaron unha sorpresa. O conto da Hora de Ler levou a voz de Jesús.
Grazas por compartir este tempo cos pequerrechos. Encantoulles!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

DÍA INTERNACIONAL DA INTERNET SEGURA

Ola a tod@s!!

Con ocasión do Día Internacional da Internet segura, o alumnado de 5º e 6º participou no obradoiro do Concello de Fene: Prevención de adiccións ás tecnoloxías e habilidades sociais.
Recibiron tamén o agasallo de participación no 37 Concurso Escolar ONCE, que este curso traballa concretamente esta temática, imprescindible sempre, pero máis no momento actual.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

GRAZAS

Ola a tod@s!!
Que ben acompañada estou sempre!
E canto traballiño fan!

Sonche un amor. Miau!

Grazas, nenas e nenos de Os Casais, por estar sempre dispost@s a facer traballo solidario.

Xunt@s formamos un gran equipo!

   Un EQUIPAZO, di o rato; e non sei se non levará razón...

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día da Paz 2021

Ola a tod@s!!
Ben fermosos e coloridos quedaron os atrapasoños da Paz. 
E xa veredes a "supermandala cooperativa". 
Cando estea editado o video, amosareívolo.
Se é que o alumnado de Os Casais fai sempre unhas cousas chulísimas!!!     Miau!

Por un mundo verde! 
 Ese é un dos nosos soños.  

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes