Queredes xogar na casa coas vosas adiviñas? Igual os vosos irmáns e as vosas irmás maiores non dan pé con bola... Ou as mamás, os papás, os avós e as avoas... Vós si, que xa as sabedes.
Por si queredes lanzarlles o reto, aquí volas deixo.
Eu vou rir un pouco co Rato Gordecho, porque de seguro que el non acerta nin unha. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario