Thanksgiving

Hello!!!
   Thanksgiving is a holiday celebrated in the United States and Canada.            Thanksgiving is a day to celebrate the personal blessings of the year and the harvest. The day is usually spent with family and a big meal is shared with turkey, vegetables, pies and more. Ultimately Thanksgiving is a day to look around and be thankful for the people, things and opportunities we have in our lives. Each class is creating a turkey by tracing their hands, cutting out the shapes and gluing them onto to the paper turkey. Their hands mimic the look of a turkeys feathers and it’s super cute!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes


III Xornadas pola eliminación da violencia de xénero


Un ano máis participamos na actividade conxunta proposta pola Federación de Asociacións de Nais e Pais de alumnos e alumnas de Ferrol e Comarca "Concepción Arenal" para reivindicar a eliminación da violencia de xénero.
Este curso realizamos un flashmob que será incluído como parte dunha recopilación de todos os centros participantes.

VOLUNTARIADO

Ola a tod@s!!
   Ainda nunca puxera foto ningunha das nenas e dos nenos que tanto me axudan. Non sei que faríamos o Rato e máis eu sen el@s, con tanto traballiño como temos neste curso. Moitas etiquetas levan postas xa!!! E as que nos quedan!!!
  Son tod@s @s que están, pero non están tod@s @s que son. Miau!
  Este é o primeiro grupo.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

ACOLLIDA FAMILIAR

Ola a tod@s!!
  No Día dos Dereitos da Infancia este ano tratamos de maneira especial a realidade que viven moitos nenos, nenas  e adolescentes que, por circunstancias moi diversas, non poden vivir coas súas propias familias. 
   Celebramos o Día do Pixama coa Asociación de Acollemento Familiar ACOUGO, para visibilizar o dereito de todos os nenos e nenas a vivir nunha familia.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes


Visitounos a nosa madriña

Ola a tod@s!!
   O mércores pasado, as nenas e nenos de 6º tiveron o pracer de recibir a visita de Paula Carballeira, a nosa madriña. Sempre é unha honra tela na nosa biblioteca. Nada menos que actriz, poeta, novelista, dramaturga, ensaísta, contacontos...!!! 
    E sempre, unha nena de Maniños que conta divertidas anécdotas da súa infancia.Moito nos gusta! Miau, miau!!! 
   Que bo rato pasamos tod@s!!! O tempo foise voando! Mais que fora...
    E, por se tela con nós non fose dabondo, agasallounos con varias das súas obras. 

Grazas, Paula. Moitísimas grazas.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

20-N Día dos Dereitos da Infancia


Este 20-N dedicámolo de maneira especial á protección debida a todos os menores que se ven, por as causas que sexan, privados dunha familia na que medrar con seguridade e afecto. 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Recreos de medo

Ola a tod@s!!
   Os nosos recreos sempre foron divertidos, pero, ás veces, pasámolo de medo. Miau!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

In memoriam

 Académico, novelista, tradutor e, no decir dalgúns, "o gran poeta de Galicia".


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola a tod@s!!
   
Vedes que contentos saen coas Mochilas Viaxeiras?
    É esta unha das actividades máis queridas da nosa biblioteca. Para potenciar a lectura é importantísimo que o valor desta sexa compartido polos adultos de referencia. 
    Gozar en familia cos contidos das mochilas axuda a reforzar vínculos, potencia as aprendizaxes e a relación familia- escola.
    Díxolle un paxaro ao Rato que as segundas mochilas (aquelas que levan xogos, cine, música...) están sendo estupendamente acollidas nas casas. Eu prepareinas con moita ilusión e alégrome moitísimo de que así sexa.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Dereitos da Infancia

Ola a tod@s!!
   
   Como cada ano, nesta semana de novembro préstaremos unha atención especial aos Dereitos da Infancia.
   O día 20 é a data na que se celebra a aprobación da Convención que ratifica o compromiso internacional na súa defensa e na responsabilidade de que non sexan vulnerados.
   Na biblio temos unha pequena exposición de libros que abordan esta temática.

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Correlingua 2021

Ola a tod@s!!
   Outra vez tivemos que quedar no cole no Correlingua. Gústanos moitísimo celebralo con normalidade, cos outros coles, cantando e bailando, pero... aída non pode ser. Así que, de novo, correlingua online. E tampouco está nada mal, verdade?


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Alá vai o Samaín

Ola a tod@s!!
   Temos tanto lío, tanto lío, (por non variar), o Rato e máis eu, que nin tempo tivemos de irvos contando cousas desde que empezamos o curso. E mirade que pasaron ben delas!!!
    O que nos pasa é que este curso, igual que o pasado,  temos unha reforma, unha reforma que non se ve, pero que nos está a dar moito traballo. Pero despois... imos quedar super-content@s tod@s, xa veredes, porque a nosa querida biblio,  vai estar entre as máis actualizadas no programa informático de xestión. Miau! (=Perdón). Xa estou facéndome un lío, coma sempre.
   Ao que ía. Xa pasou o Samaín. Sabémolo. Pero é que nos andan a aparecer agora as fotos que andaban perdidas por aí (non sei, igual o Rato sabía delas, que xa sabedes como é e éche moi capaz de non dicir nada). Upps! Miau outra vez.
   Hoxe déixovos unha da decoración das portas. María e Noe agasalláronos con ese grandísimo e grandioso mural do portalón. Grazas, chicas! Canto vos debemos!!! E, como teñen un bo exemplo para imitar, os nosos nenos e nenas, tamén decoraron as portas. Chulas, verdade?


 Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

RECREOS LECTORES

Ola a tod@s!!

   Por fin este ano conseguimos algo que levamos tempo querendo facer. O Rato Gordecho está entusiasmado co éxito que está tendo, porque a verdade é que esta iniciativa foi acollida con gran entusiasmo por os nenos e as nenas e son moit@s os que aproveitan o tempo de recreo para achegarse aos libros e, ás veces, compartir lecturas.
   O primeiro lote foi de obras de escritoras. El@s mesm@s seleccionaron os libros.
   Estou desexando saber se os seguintes lotes serán igual de interesantes. Coido que si. 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Tradición oral

Ola a tod@s!!
   Todos os anos por estas datas convidamos a pais, nais, avós, avoas, veciños, veciñas... a vir ao colexio a contarnos o moito que saben de lendas, da nosa mitoloxía, de tantos seres fantásticos que lembran... Este  curso, outra vez, non puido ser. Pero non quedamos sen falar dos mouros e mouras, dos tesouros agochados, das sereas, da Santa Compaña...


Familias, ide facendo memoria, porque o ano próximo contamos con vós!

Ronroneos e miañadiñas