Alá vai o Samaín

Ola a tod@s!!
   Temos tanto lío, tanto lío, (por non variar), o Rato e máis eu, que nin tempo tivemos de irvos contando cousas desde que empezamos o curso. E mirade que pasaron ben delas!!!
    O que nos pasa é que este curso, igual que o pasado,  temos unha reforma, unha reforma que non se ve, pero que nos está a dar moito traballo. Pero despois... imos quedar super-content@s tod@s, xa veredes, porque a nosa querida biblio,  vai estar entre as máis actualizadas no programa informático de xestión. Miau! (=Perdón). Xa estou facéndome un lío, coma sempre.
   Ao que ía. Xa pasou o Samaín. Sabémolo. Pero é que nos andan a aparecer agora as fotos que andaban perdidas por aí (non sei, igual o Rato sabía delas, que xa sabedes como é e éche moi capaz de non dicir nada). Upps! Miau outra vez.
   Hoxe déixovos unha da decoración das portas. María e Noe agasalláronos con ese grandísimo e grandioso mural do portalón. Grazas, chicas! Canto vos debemos!!! E, como teñen un bo exemplo para imitar, os nosos nenos e nenas, tamén decoraron as portas. Chulas, verdade?


 Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario