DOBLETE

Ola a tod@s!!
   Mirade, a algúns gústoulles tanto a actividade de expresión corporal que quixeron repetir. Son uns campións!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Sebastian Black e Its Soul

Ola a tod@s!!
   6º de Primaria tamén participou na iniciativa da AELG coa proposta de Sebastian Black e Its Soul para celebrar o Día de Rosalía.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

HAS DE CANTAR. 5º PRIMARIA

Ola a tod@s!!
  Moitas das cousas que van aparecendo son do Día de Rosalía. Canto traballaron en todas as clases! É, sen dúbida ningunha, un dos días grandes da nosa biblioteca e iste ano non podía ser menos. Foi moi diferente, si, pero ben vin que para tod@s foi un día moi especial.
   As nenas e os nenos de Os Casais conseguiron que esta celebración fose grande e emotiva! 
Grazas!!!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Buceando

Ola a tod@s!!
   Agora que non hai ninguén por aquí co que entreterme, pensei en rebuscar esas cousas que andan perdidas polos andeis e polos caixóns e ainda non vos amosei. A que é boa idea? Así, de paso, vexo aos meus nenos e ás miñas nenas, aos que tanto boto de menos, nestes días de vacacións.
   A ver se o Rato me deixa, xa sabedes que é un pouco trasniño e pillabán.
   Para empezar: a actividade de expresión corporal coa que as nenas e nenos de 3º e 4º participaron na iniciativa proposta pola AELG para o Día de Rosalía. Precioso, verdade?


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O país dos mil ríos

Ola a tod@s!!
   Est@s de 5º andaron ben atinad@s, porque certo é que Galicia é o país dun millón de vacas, mais tamén éche o país dos mil ríos. 
   Que privilexiad@s somos ao vivir no paraíso! Non si, Rato?


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O país dun millón de vacas

Ola a tod@s!!
   Boa idea a que tiveron en 5º: dedicar este día da poesía a algo tan noso como a vaca. Non hai moito tempo que convivían con todos nós. Rubia, Xuvenca, Linda... vacas da casa que eran como un máis da familia.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Paxaros

Ola a tod@s!!
   Primavera... poesía... paxaros...
   Escoitade ben!!! Caedes na conta de canto paxaro temos arredor nosa? Se é que estamos nun cole privilexiado...
   O Rato Gordecho dimo un día si e outro tamén: Ai, Mica, pero que sorte temos!!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Bos consellos

Ola a tod@s!! Atent@s tod@s!
   Mirade que bos consellos nos dan @s alumn@s da clase de Fini.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Poesía

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Coma sempre

Ola a tod@s!!
   Un ano máis, non faltamos a este sinxelo xesto reivindicativo pola igualdade e a inclusión.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

21 de marzo

   Ola a tod@s!!  Hoxe é 21 de marzo, unha desas datas especiais do calendario. E é das bonitas.
PRIMAVERA
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
DÍA MUNDIAL DOS BOSQUES

   Dende o noso bosque, para celebralo, as nenas e nenos de 6º:



   Mañá, moita máis poesía. E outras moitas cousas. Miau! 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

3º e 4º cantan a Rosalía

Ola a tod@s!!
   Penso que, aínda que xa vai aló moito tempo, non vos amosara como as nenas e os nenos de 3º e 4º celebraron este ano o Día de Rosalía. Aí vai unha primeira parte.

 
  A que é marabilloso escoital@s?

  Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Camiño Inglés

Ola a tod@s!!
   As nenas e nenos da clase de 6º recibiron cadanseu diploma por ter completado o Escape Room do Camiño Inglés, organizado pola Fanpa Ferrolterra Concepción Arenal para este ano Xacobeo 2021.
 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Aulas do bosque

Ola a tod@s!!
   Con este tempo primaveral é unha delicia poder aprender, investigar, descubrir, explorar... fóra das catro paredes da clase. Canto gozan tod@s das aulas do bosque!!!
   O rato e máis eu, tamén. Caseque nunca nos ven, pero sempre andamos por aí... Miau!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Natureza

Ola a tod@s!!
   Hoxe tivemos un día moi especial; de novo o espazo exterior do noso cole, tan magnífico, permitiunos gozar e aprender na natureza e sobre a natureza. 
   Identificamos diferentes plantas aromáticas que podemos ter na casa, na horta ou mesmo na cociña, prantamos xirasoles e construímos un hotel de insectos para o bosque!!! 
   Estamos desexando poder observar o bicherío que se vai instalar nel.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura no bosque

Ola a tod@s!!
   Vaia lugar fantástico para ler, non credes? E con este tempo marabilloso! Que sorte temos de contar con tan magnífico bosque!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!! 
   Aquí vos deixo o anuncio radiofónico premiado. É o da clase de 5º. Podería ter sido 6º, que tamén participou, mais non foi. Nin importa. Estamos todos e todas igual de contentos e sentimos o premio como noso.  Ainda que o mérito é del@s, claro está (e do profe Jesús).

Parabéns!!!

                   

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
   Hoxe saimos na prensa coa boa nova do premio que vimos de gañar. Aí estamos: CEIP Plurilingüe Os Casais.
PLURILINGÜE non o pon, pero lembrade que o cole de Maniños é un centro plurilingüe!!!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Premio!!!

https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/ferrol/ferrol-comarcas/noticias/alumnos-colegios-cedeira-fene-monfero-ganan-fase-provincial-del-concurso-escolar-once-20210312_1186957

1º e 2º cantan a Rosalía

Ola a tod@s!!
   As nenas e nenos de 1º e 2º interpretaron Campanas de Bastabales no
 Día de Rosalía 2021.
   
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O moucho

Ola a tod@s!!
   No Día de Rosalía veunos visitar un moucho, ese animal que tanto sabe, porque observa. Así contóunolo a tod@s, o ano pasado, cando o confinamento, a nosa querida madriña Paula Carballeira. E así cantaron, con Rosalía e para Rosalía, @s nos@s pequerrech@s.



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Isca de aí

Ola a tod@s!!
   Penso que non amosara aínda todo canto fixeron os nosos nenos e nenas para celebrar o Día de Rosalía deste ano "tan especial"; así que, aí vai unha mostra.


Non foi coma sempre, pero gozar,
 gozaron de tan importante día. Non credes?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Manifesto 8M-21

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

8M


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

PROGRAMA ADA

Ola a tod@s!!
   O venres, 5 de marzo, as nenas e nenos de 6º de Primaria participaron nas actividades online do Programa ADA, que ten como obxectivo promover o interés das nenas nas ramas tecnolóxicas de estudo.
   O fío conductor deste programa é a vida de Ada Byron, a primeira programadora do mundo.
   

 Vaia sorte tivemos de seren admitid@s!
 Non era nada fácil, tendo en conta que é un programa a nivel estatal. Está claro que souberon valorar os méritos que o noso alumnado leva colleitado ao longo dos anos.
 Miau!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes



PREMIO!

Ola a tod@s!!
   Traballar ben é o que ten: ten premio. O gran premio é a satisfacción do traballo ben feito e tanto como se aprende polo camiño. Mais, desta vez, esta gata que vos fala non puido conter as ganar de agasallar a estes nenos e nenas que incluiron a biblioteca (que é a miña casa -e a do Rato Gordecho tamén) no seu marabilloso proxecto de reducción de ruído.


Moitísimas grazas!!!   Sodes fantástic@s!!!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

COIDAR O MEDIO AMBIENTE

Ola a tod@s!!
   Non sei se vos amosara os dous equipos que participan no Conectandomundos deste ano. No CEIP Plurilingüe Os Casais coidamos sempre o medio ambiente.





Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes