Bo verán

Ola a tod@s!!
   Coma sempre, e ainda que vos chegarán a casa, aquí deixo algunhas suxestións de lectura.



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Pintora, escritora, poeta

Ola a tod@s!!
   Algo non facemos mal de todo cando están a xermolar estas vocacións... Miau! Marramañau!!!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Visita

Ola a tod@s!!
   Estes últimos días hai xa menos actividade na biblioteca, por iso ando moito polo bosque, que estou moito máis fresquiña alí e, ademáis hai moita máis xente. Miau! 
   Pero hoxe veu Carolina. Non me viu; eu estaba no meu agocho de sempre (que é tan bo que nunca me ven) e pasei desapercibida. Mais eu si que a vin a ela, e ás profes coas que estaba.
   Veu recoller o premio en metálico do escape-room do Camiño.
   De novo:  En hora boa, Carolina!  Miau!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

El@s tamén len...

Ola a tod@s!!
  Sempre queda algun ou algunha rezagad@... Ou dous. Miau!

Moitas grazas!!! 
No verán, sentireime menos soa neste edificio baleiro (o Rato non conta, que, ás veces, prefiro non velo, que é un incordio).

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Continuamos lendo

Ola a tod@s!!
Lendo. Ata o último día.
Así se fai.
Ou non?


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Traballando a gusto

Ola a tod@s!!
   Vaia día que tivemos hoxe!!! Perfecto para estar na praia; pero para traballar... Menos mal que estamos no lugar apropiado para que estes rigores de fin de curso a nós tanto nos teñan.
   Así da gusto traballar!!!
   Aquí @s tedes. Son @s de 5º, tan concentrad@s na biblioteca.
   Na biblioteca? Siiiiiiiiiiiiiii. Lembrade: todo o cole é biblioteca.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Time capsule

Ola a tod@s!!
   Preparando a cápsula do tempo.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Bosque, querido bosque

Ola a tod@s!!
Soubemos sempre que o noso cole é excepcional, que ten un espazo exterior magnífico e un bosque marabilloso no que medrar sans. Nunca deixamos de intentar poñelo en valor e, dende hai moitos anos, gozamos e aprendemos moito nel.
Pero nunca tanto como neste curso tan especial, no que tan necesarias eran para tod@s o contacto coa natureza, o moverse libres, o aire puro... tiramos del para vivir o día a día.
Que gran privilexio é contar co noso bosque!!!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Queda pouco...

Ola a tod@s!!
   Si, xa queda moi pouco. Pódense contar cos dedos das mans os días que faltan para que empecen as vacacións. Estamos desexando, claro que si, porque se sempre, a estas alturas andamos moi cans@s, neste curso tan complicado, aínda máis. Temos tod@s ganas de descansar e olvidarnos un pouco do traballo. Pero... tamén o imos botar en falta, a que si? Non me digades que non da gusto traballar así?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Eu leo porque...

Ola a tod@s!!
   Hoxe estiveron pegando os seus gatiños esas nenas e nenos que imos despedir en menos de 12 días. Neles deixan a pegada do seu paso pola biblio, para o Rato, para min (Micabigotes) e para todos eses outros nenos e nenas que a encherán de vida cando el@s xa non estean neste cole.
   E ti, por que les?, era a pregunta. Como non estar satisfeita coas respostas cando atopo xoias como "devoro libros coma se foran tartas de tres pisos". Eu, que son unha gata larpeira, non podo deixar de ver aí un gozar exquisito dos libros e da lectura; e tamén sentir a satisfacción de ter contribuído a fomentar, educar e facer madurar ese padal lector.

   
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

5 de Xuño


   
   Cada 5 de xuño, dende 1972, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Preténdese así aumentar a conciencia medioambiental e fomentar a acción mundial en defensa do planeta. É moi necesario facelo. Por iso levamos tempo préstandolle unha especial atención aos temas medioambientais. Somos un cole verde.
 
 Mirade que supercontent@s marcharon onte @s de EI co seu kit medioambiental. E así tod@s. De sobra saben que o planeta é a nosa casa e hai que coidalo.
   

                                                           Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lecturas xacobeas

Ola a tod@s!!
   Neste Xacobeo especial, que dura dous anos, non podían faltar as lecturas ambientadas no Camiño. 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Que fan?

Ola a tod@s!!
   Estabamos o Rato e máis eu contemplando tan fermoso día de sol nunha das ventás do corredor, cando vimos á rapazada de 6º entusiasmada cunha actividade que facían na pista. A que xogarán?,  pensamos. Logo caímos na conta de que non xogaban; aprendían Matemáticas!!! De forma divertida, iso si.
   Que ben!!! Non si?

 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Premio!

Ola a tod@s!!

   Na mañá de hoxe, a nosa querida Carolina, de 4º de Primaria, desprazouse a Ferrol para asistir ao acto de entrega de premios do Escape-room do Camiño Inglés, no que foi a gañadora da súa categoría.
   Estamos moi content@s, non so polo premio recibido (que tamén) senon porque, segundo a organización, o noso cole, sendo pequeno como é, foi un dos de máis alta participación de toda Ferrolterra.
       Coma sempre, grazas nenas e nenos de Os Casais! Con vós todo é fácil!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
   Queredes ver un breve resumo da celebración do Día das Letras Galegas? Foi un día especial, tal como a ocasión merece; máis nada comparable, como nos tería gustado, ás nosas xa tradicionais celebracións no bosque. Unha mágoa!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes