Hoxe estiveron pegando os seus gatiños esas nenas e nenos que imos despedir en menos de 12 días. Neles deixan a pegada do seu paso pola biblio, para o Rato, para min (Micabigotes) e para todos eses outros nenos e nenas que a encherán de vida cando el@s xa non estean neste cole.
E ti, por que les?, era a pregunta. Como non estar satisfeita coas respostas cando atopo xoias como "devoro libros coma se foran tartas de tres pisos". Eu, que son unha gata larpeira, non podo deixar de ver aí un gozar exquisito dos libros e da lectura; e tamén sentir a satisfacción de ter contribuído a fomentar, educar e facer madurar ese padal lector.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario