Premio!

Ola a tod@s!!

   Na mañá de hoxe, a nosa querida Carolina, de 4º de Primaria, desprazouse a Ferrol para asistir ao acto de entrega de premios do Escape-room do Camiño Inglés, no que foi a gañadora da súa categoría.
   Estamos moi content@s, non so polo premio recibido (que tamén) senon porque, segundo a organización, o noso cole, sendo pequeno como é, foi un dos de máis alta participación de toda Ferrolterra.
       Coma sempre, grazas nenas e nenos de Os Casais! Con vós todo é fácil!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario